Juan Antonio Pinto Antón


Data de Nacemento: 3 de xuño de 1952
Lugar de Nacemento: Sahagún (León)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciado en Historia, exerceu a docencia nos colexios lugueses de Baamonde, Becerreá, Mondoñedo e Monterroso e foi director do Colexio Santo Anxo de Rábade. Actualmente traballa como membro do Equipo de Medios de “Preescolar na Casa”.
Membro do Equipo de Televisión do programa “Preescolar na Casa” da TVG.
Colaborador do diario El Progreso de Lugo e da revista IRIMIA.
Membro do “Clube de Opinión” de Radio Lugo-Cadena SER.

 Obras realizadas

É coautor do libro “Educación no rural galego”.
Recibiu o 1º premio de Artigos sobre Educación do ICE da Universidade de Santiago polo artigo “E Platón sentouse diante do televisor”.
Participa como relator en diversos congresos educativos: Sanxenxo 2006: “Tempo de infancia, tempo de familia”; Madrid 2004: Congreso “Familia Espacio de Solidaridad” e Segovia 2007: “La ciudad educadora”.
Colabora habitualmente con artigos na revista “Preescolar na Casa”.

 Outros datos de interese

No seu traballo educativo, imparte diferentes charlas para pais, cursos e seminarios educativos.
Como representante da Fundación Preescolar na Casa participa no relatorio da Comisión Non Permanente para a Igualdade e os Dereitos das mulleres no Parlamento de Galicia (III-2007).