Alberto González Armesto


Data de Nacemento: 29 de agosto de 1944
Lugar de Nacemento: Salcedo, Pobra do Brollón (Lugo)
 Currículum

Tras estudiar bacharelato e Maxisterio en Lugo, licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia en Lugo, San Sadurniño e Carballo, onde foi director do colexio “Francisco Franco”. No curso 1978-79 conseguiu praza no colexio “Alborada” da Coruña, no que tamén foi director ata febreiro de 1983, data na que accedeu a unha praza na Inspección de Educación. En 1996 pasou a desempeña-lo cargo de delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e en 2001 pasou á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, transformada en Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e na que segue actualmente.