Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.
Doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria profesional:
• 1983-1992. Traballo sucesivamente nos xornais El Progreso (delegado na Mariña, Lugo), La Voz de Galicia e Diario 16 e nas cadeas radiofónicas Antena 3 Radio e COPE Galicia Santiago (xefe de informativos).
• Desde 1992. S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, empresa pública da Xunta de Galicia para a promoción e mantemento do Camiño de Santiago. Departamentos sucesivos: Comunicación -coordinación da oficina de prensa do Xacobeo 93-, Exposicións e Publicacións, Promoción Cultural e Asociacionismo e Investigación.
Algúns aspectos da traxectoria académica e outras actividades:
• 2002-2013. Profesor asociado de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (Facultades de Ciencias da Comunicación e de Humanidades).
• 2003-2008. Membro do Grupo de Investigación de Contidos Audiovisuais do Departamento de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago.
• 2008-2019. Membro do Comité Asesor do Arquivo Sonoro de Galicia, Consello da Cultura Galega.
• Comisariado de exposicións e dirección de congresos e xornadas sobre Comunicación e cultura xacobea. Entre outros, a primeira exposición na comunidade autónoma galega dedicada á historia da radio: Galicia pola radio. Desde os anos 30 á actualidade, mostrada entre 2009 e 2011 na Fundación Caixa Galicia, en Santiago, e no Verbum. Casas das Palabras, Vigo.
• Ensaísta, conferenciante e articulista en publicacións especializadas, prensa diaria, congresos, cursos de verán universitarios e encontros en España e outros países de Europa e América (Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña, Italia, Países Baixos, Hungría, Romanía, Chequia, Brasil, Arxentina, Cuba, etc.) sobre comunicación e, especialmente, cultura xacobea e Camiño de Santiago.
• Desde 2011. Profesor-colaborador de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.
Algunhas publicacións
• García Barros. Mestre, galeguista, escritor, Xunta de Galicia, 1996.
• Os anos santos composteláns. Unha mirada desde os xornais santiagueses, Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago - APECSA, Viveiro, 2001.
• Noticias de Galicia na radio de fin de século, Lea, Santiago de Compostela, 2003.
• Os Camiños de Santiago en Galicia (en colaboración con Francisco Singul), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2003. Libro traducido ao español, francés, inglés e italiano.
• Los años santos compostelanos del siglo XX. Crónica de un renacimiento, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
• Comarca de Verín. Extremo sur, Fundación Comarcal de Verín, 2009.
• Idea, selección de termos, dirección e autoría principal da Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea, Bolanda, 2010, Santiago de Compostela. Obra de 18 tomos e 3.000 entradas na que colaboraron 40 expertos e xornalistas de varios países europeos. Distribuírona 17 diarios de España (ABC, Diario de León, Heraldo de Aragón, Las Provincias, El Norte de Castilla, El Correo Gallego, La Región, etc). Esta obra obtivo o ‘I Premio Internacional de Periodistas del Camino de Santiago’, 2011. Pode consultarse actualmente na web Xacopedia, aínda que sen ningún tipo de actualización, revisión ou ampliación desde 2009.
• La catedral de Santiago para los peregrinos. Guía secreta, Bolanda, 2012.
• Santiago oculto de los peregrinos. Iacobus Absconditus Peregrinorum, Bolanda, 2012.
• Santiago de Compostela para los peregrinos, Bolanda, 2014. Libro-guía publicado en inglés en 2016 (Santiago de Compostela for pilgrims. A secret guide) e actualmente (2019) en fase de tradución ao checo.
• A viaxe á fin do mundo, novela, Bolanda, 2015.
• A Coruña, o porto do Camiño de Santiago. Guía para os peregrinos, Turismo A Coruña-Deputación da Coruña, 2017, A Coruña. Libro publicado tamén en español e inglés.
• 1996-2019. Artigos en múltiples libros de actas de congresos e xornadas, ensaio, divulgación, etc.
Algúns recoñecementos
• 2008, Sarria. Nomeado Padriño de honor da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comarca de Sarria, Lugo, Camiño Francés.
• 2011. I Premio Internacional de Periodistas del Camino de Santiago, Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago – APECSA, como parte do equipo de redacción e edición da Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea, 2010.
• 2011. Nomeado Tamborileiro de honra do Concello de Sarria, Lugo.
• 2016. Distinguido polo seu labor continuado a favor do Camiño de Santiago e os seus peregrinos como Ángel del Camino pola Enxebre Orde da Vieira de Madrid.
• 2017, Antequera, Málaga. Concesión da insignia de honor da Asociación Jacobea de Málaga no marco do ‘XI Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas de la Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago’ pola continuada colaboración coas entidades xacobeas españolas.
• 2018, Portomarín, Lugo, Camiño Francés. Dedicación, compartida co alcalde de Portomarín, Juan Carlos Serrano, dun monolito de granito xaponés pola Asociación de Amigos do Camiño da illa de Shikoku (Shikoku Henro), Xapón, en recoñecemento á desinteresada colaboración con esta entidade e a súa relación coa ruta xacobea.
• 2019. VI Premio Internacional Aymeric Picaud a la Divulgación del Camino de Santiago, concedido pola Liga de Asociaciones de Prensa del Camino de Santiago do norte de España.
• 2019. Distinguido como Amigo de Padrón pola Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón en recoñecemento ao seu labor de difusión da histórica cultura xacobea padronesa.