José Vilaverde Velo


Categoría: Artesán e sindicalista
Data de Nacemento: En 1894 (†24 de setembro de 1936)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Comezou a traballar moi novo e participou no movemento sindical. Con 15 anos foi un dos organizadores da Federación Local de Sociedades Obreiras de Santiago. Tamén colaborou na fundación das publicacións "Solidaridad Obrera" e "Despertad". Foi presidente da Sociedade de Carpinteiros e un dos dirixentes do anarcosindicalismo de Galicia. Coa proclamación da República (1931) foise a vivir á Coruña, onde se consolidou como un dos líderes nacionais da CNT, o sindicato anarquista. Foi nomeado secretario da Confederación Rexional Galaica e constituíu a Federación Nacional da Industria Pesqueira.