Xunto co seu irmán foi traballar a Castela. En 1779 empezou a traballar como servente dun comerciante de Valladolid que lle ensinou a ler e escribir. Desde alí foi a Madrid, onde se fixo soldado en 1789 e foi destinado ó Rexemento Farnesio. En 1795 ascendeu a sarxento. Debido á Guerra da Independencia combateu cos franceses na contenda de Espinosa e caeu prisioneiro en 1808. Un ano máis tarde desertou e entrou en Alemaña, desde onde puido pasar a Inglaterra para logo embarcar cara á Coruña. Unha vez en España de novo, solicitou a restitución da súa graduación militar antes de caer prisioneiro dos franceses.