Belarmino Fernández Iglesias


Data de Nacemento: En 1931 († 30 de maio de 2017)
Lugar de Nacemento: Rosende, Sober (Lugo)
 Currículum

Con 20 anos emigra a Brasil, concretamente a São Paulo. Comezou lavando pratos no sector da restauración, pero pouco a pouco foi accedendo a outros postos ata chegar a ser maître do asador A Cabana. En 1957 foi invitado polos seus xefes a ser socio dun novo establecemento, chamado Rubaiyat. En 1962 converteuse no único propietario do asador. Na década dos 70 abriu dous novos establecementos noutras zonas da cidade. En 1995 inaugurou en Arxentina o restaurante Cabaña Las Lilas en Puerto Madero (Bos Aires). Posteriormente abre en España o establecemento Rubaiyat Madrid.
 

 Obras realizadas

En 1996, creou a Fundación Belarmino Fernández que dedica parte dos seus beneficios a iniciativas de carácter social e educativo. A fundación, con sede en Pazo de Rivas (Rosende) en Sober – Lugo, contribúe ao desenvolvemento cultural desta zona de Galicia con cursos de formación profesional en hostalaría e turismo, destinados á poboación con menos recursos. Pola súa traxectoria profesional e cultural, o Goberno español outorgoulle a Encomenda de Isabel a Católica e conseguiu a Medalla de Bronce da Xunta de Galicia. O Goberno de Brasil concedeulle a Medalla ao Mérito no Traballo.

 Outros datos de interese

Recoñecementos:
 
-El Mundo Guía Metrópoli:
Mellor restaurante de cociña estranxeira 2006.
-Veja São Paolo:
Mellor carne da cidade: todos os anos desde 1997 a 2005.
Mellor Feijoada da cidade 2000, 2001.
Mellor cocina variada da cidade, 2003.
Top 10 mellores restaurantes de Brasil, 2000.
-The New York Times:
The best steak house in São Paolo: 1999, 2000 e 2004.
-Gula:
Brasil Mellor Carne de São Paolo: 2003, 2004 e 2005.
Mellor ‘churrascaria’ (asador) de São Paolo: 2000, 2001.
Mellor restaurante de pescado: 2003, 2004 e 2005.
-Prazeres da mesa:
Personalidade do ano 2004.
-Guía Quatro Rodas:
Mellor Carta de Viños e Bodega do país: Guía 4 Rodas 2000.
-Wine Spectator:
Best of Award of Excellence 2005, 2006.