José Varela y Ulloa


Categoría: Mariño, cartógrafo e astrónomo
Data de Nacemento: 7 de xullo de 1739 (†23 de xullo de 1794)
Lugar de Nacemento: Palas de Rei (Lugo)
 Currículum

Deu clase na Escola Naval de Cádiz e chegou a ser xefe de escuadra. Determinou a lonxitude e latitude da Illa Trinidad nas Antillas, colaborou co matemático francés La Borda na medición do pico de Tenerife e para levanta-lo plano de Canarias, fixou a latitude e lonxitude das Illas Annobón, Fernando Poo, Santo Tomé e Príncipe e do cabo López Gonzalo. Formou parte da comisión encargada polo goberno español, trala paz con Brasil, para delimita-la fronteira entre os dominios españois, no Río da Prata, e Brasil, que estendera a súa fronteira cara ó sur, despois de recibir España, polo tratado de paz, os territorios de Santa Catalina e Río Grande do Sur.