Antonio Rodríguez Basanta


Categoría: Crego
Data de Nacemento: 14 de febrero de 1950
Lugar de Nacemento: Xove (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Despois de estudiar bacharelato e Filosofía no Seminario de Lourenzá e Mondoñedo (1961-69), licenciouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca (1969-73). O 1 de maio de 1976 foi ordenado sacerdote en Xove por Miguel Anxo Araújo Iglesias. Licenciouse, ademais, en Pedagoxía Catequética na Facultade de San Dámaso de Madrid (1986-88). Foi ecónomo de Riobarba (O Vicedo) e encargado de Cabanas e Ambosores (Ourol) desde 1976 a 1984, membro do equipo sacerdotal de Ribadeo e consiliario do Movemento Júnior de A.C. (1984-1986), membro do equipo sacerdotal das Pontes (1988-91) e delegado diocesano de Catequese desde 1988, moderador do equipo sacerdotal de Cazás e Lousada (Xermade), Santaballa, Belesar, Distriz e Codesido (Vilalba) desde 1991 a 1995, director da Escola Diocesana de Tempo Libre (1992-94), párroco de Santiago-San Francisco de Viveiro, capelán do Mosteiro de Valdeflores e administrador parroquial de San Román do Val (O Vicedo) desde 1995 a 2000, párroco de Santa María de Neda e director da Escola Diocesana de Teoloxía (2000-2001). Foi logo moderador da Unidade Pastoral das Pontes e vicario territorial de Ferrol, delegado diocesano de Catequese e profesor da Escola Diocesana de Teoloxía e do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas "San Agustín". Desde xuño de 2006 é Vicario xeral da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

 Obras realizadas

Elaborou e publicaou materiais catequéticos en colaboración co equipo de delegados de catequese de Galicia para nenos, adolescentes, adultos e catequistas. Entre 1995 e 2001, colaborou semanalmente no "Heraldo de Vivero” e ocasionalmente na revista "Pregón" da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e na "Tribuna da Costa" de "El Progreso de A Mariña".