José Trapero Pardo


Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 29 de setembro de 1900 (†En outubro de 1995)
Lugar de Nacemento: Castro Riberas de Lea – Castro de Rei (Lugo)
 Currículum

Tras levar a cabo a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, que non chegou a exercer, dedicouse por completo ó xornalismo e á literatura. Foi redactor-xefe da revista “Acción Social”, director dos semanarios “Justicia” e “Renovación” e fundador do semanario “Vallibria” en Mondoñedo. En Lugo dirixiu La Voz de la Verdad e El Progreso, ocupando este cargo ata que se xubilou en 1972. Tamén dirixiu o Boletín do Concello de Lugo, El Heraldo de Vivero e a revista “Lucus”.

 Obras realizadas

Ademais de numerosos artigos, José Trapero escribiu as seguintes obras: El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925), Lostregos e moxenas (1926), La venganza de Salgado (1931), A ponte do Porco. Lexenda tráxica (1931), Non chores Sabeliña (1943), Pintura mural de Galicia (1978), Cien años de vida local (1978), Lugo y poblaciones próximas. Itinerarios turísticos (1978), Lugo: Antiguas fortalezas (1980), Vida e obra de Leiras Pulpeiro (1983), ...E Peludez dixo (1984).

 Outros datos de interese

José Trapero Pardo foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro da Real Academia Galega. Ademais, dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos así como vocal de varios padroados.