Germán Castro Tomé


Pseudónimo:Man Castro
Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 28 de abril de 1944
Lugar de Nacemento: Esmelle, Ferrol (A Coruña)

Opinión

Blogspot

Diario

Facebook

Twitter
 Currículum

Xornalista, director fundacional do Diario de Ferrol (1999). Iníciase na súa carreira profesional no desaparecido Ferrol Diario (1974-1981), que abandoa para poñer en marcha en Ferrol unha delegación do Faro de Vigo (1981-1983), pasando máis tarde ao equipo de Redacción de La Voz de Galicia na delegación de Ferrol (1983-1999). Neste último ano é chamado para fundar o Diario de Ferrol, desde o que promoveu o suplemento dominical Nordesía, os Premios Diario de Ferrol, o museo de periodismo Xornalismus e en colaboración coa Universidade da Coruña, o Foro Ferrol Futuro, Xubilouse no ano 2010.

Foi tamén Presidente fundador do Club de Prensa de Ferrol (1987-1999) no que impulsou e dirixiu a revista de pensamento e cultura FerrolAnálisis (1990), a Revista Oral (dous ciclos nos anos 1987e 1997), o certame anual e itinerante de fotoxornalismo galego Galicia en foco, 1989, e na última etapa como presidente do CPF, ano 1998, puxo en marcha o Curso de Pensamento Carlos Gurméndez, que se celebra anualmente no mes de xullo. Actualmente, desde 1999, é Presidente de Honra.

 Obras realizadas

-Diálogos con Álvaro Paradela. Ensaio, poesía e xornalismo, Documentos FerrolAnálisis. Club de Prensa de Ferrol e Concello de Narón, 1997

-Ferrolterra e as orquestras de baile 1930-2010 (Coautor), Caderno Nº 25 do selo FerrolAnálisis. Club de Prensa de Ferrol, 2011

-Historia Gráfica do Club de Prensa de Ferrol, 1987-2012, Caderno Nº 27 do selo FerrolAnálisis. Club de Prensa de Ferrol 2014.

-Curiosidades ferrolanas. Historias y anécdotas en los viejos periódicos, Embora, 2017,

-Curiosidades ferrolanas. Historias y anécdotas en los viejos periódicos (II), Embora, 2021

Conferenciante e prologuista de numerosos libros editados en Ferrol, posee unha prolixa obra xornalística con traballos de divulgación, ensaio e intrahistoria ferrolá.

 Outros datos de interese

Premios:

- IV Premio Luis Tilve (UXT-Galicia) de xornalismo, 1990

- Dez de Marzo (CC.OO), 2000.

- Premio a unha traxectoria de Diario de Ferrol, 2010

- Lefre de Caldereta 2010, acordado pola asociación cultural do mesmo nome.

- Diego Bernal, 2013 da Asociación de Periodistas de Galicia,

- Trapeiro de Honra 2021, otorgado pola Asociación Socio-Cultural Lareira de soños, dos Vilares de Guitiriz e

- Fabe de plata 2021, concedido pola Asociación de Asturianos de Ferrolterra.

A Asociación de Veciños Valle de Esmelle deu o nome de Germán Castro á súa biblioteca.