José Sardina Muíños


Categoría: Crego
Data de Nacemento: En 1898 (†1988)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Ordenouse sacerdote en 1921, despois de estudiar Humanidades, Teoloxía e Dereito. Estivo destinado en parroquias coruñesas. Na década dos 30 comezou a fragua-lo seu proxecto educativo do "Fogar de Santa Margarita", que non tivo sede propia ata 1944. O colexio daba clases de ensinanza primaria polo día e polas noites era un centro de formación de adultos. As instalacións tamén acollían as actividades de varias organizacións relixiosas como "Acción Católica" e a "Congregación Mariana".