A Guerra civil obrigouno a exiliarse en Europa e despois en América, o que fixo que non fora coñecido pola maioría dos galegos. Foi profesor de humanidades en Maryland (Estados Unidos).
Amigo de Luís Seoane e de Rafael Dieste, publicou numerosos libros de divulgación científica e cultural, aínda que en Galicia só se publicou "Contos que me contou Dieste". Moita da súa obra poética perdeuse ó non estar recollida en volumes.