Estudiou o Bacharelato (premio extraordinario), Dereito na Universidade de Santiago e licenciouse en 1874. Ingresou na carreira xudicial, chegando a ser maxistrado, aínda que abandonou os tribunais para dedicarse á notaría. Na Coruña exerceu como notario e avogado.
Publicou varios estudios sobre o réxime foral galego: Ponencia sobre foros; El Derecho Foral de Galicia; Proyecto de Apéndice al Código Civil aprobado por la comisión especial del Derecho Foral de Galicia.
Foi decano dos dous colexios profesionais ós que pertenceu. En 1904 foi elixido deputado por Chantada.