Titulada en Piano, licenciada en Filoloxía Clásica, e licenciada e doutora en Musicoloxía.
Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro franquismo.
A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College - University of London, Royal Academy of Music e a Open University.
Debutou na literatura galega en 1997 coa novela xuvenil de tema artúrico Breogán de Guisamonde, o Cabaleiro da Gaivota, premio Rúa Nova da Fundación Caixa Galicia. A esta seguíronlle O demo e o profundo mar azul (2003), Singularis Domitilla (2004), O país das bestas (2009), Organoloxía (2010) e A Veiga é como un tempo distinto (de próxima aparición).
Outras obras narrativas e poéticas súas apareceron en diversas publicacións periódicas (Revista das Letras, Dorna, Busola) e antoloxías (Narradoras, Veas verdes).
Obtivo, entre outros, os premios Historias na Universidade da USC, Narrativas Quentes e Terra de Melide, e foi finalista en outros como o Biblos para menores de 25 anos, o Manuel Murguía de narrativa e o Ánxel Casal ao mellor libro de ficción do ano.