José Pardo Lombao


Categoría: Político
Data de Nacemento: 15 de xaneiro de 1955
Lugar de Nacemento: Outeiro de Rei (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Foi concelleiro (desde 1983), deputado provincial (desde 1991) e desde 1998 é alcalde de Outeiro de Rei.

 Obras realizadas

Durante o seu mandato construíuse o pavillón polideportivo municipal, a Casa da Cultura e o punto de atención continuada. Firmou o convenio co Club de Tiro de Bonxe para a utilización das piscinas e das pistas de tenis. Levou a cabo a Área Recreativa de Santa Isabel e o sendeiro das Insuas do Miño. Ademais, instalouse o alumeado público no 80% do municipio, reelectrificouse o 50%, aprobouse o polígono industrial e realizouse a construcción dunha urbanización en Outeiro de Rei.

 Outros datos de interese

Actualmente o Concello de Outeiro de Rei encóntrase dentro dos programas Proder, Life, Terras do Miño, Equal e Lider Plus.