Ana DeMatos


Categoría: Escultora, artista multimedia
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura

Ana DeMatos

Instalación
 Currículum

Licenciouse en 1986 en Belas Artes (Dpto. de Escultura) pola Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid e obtivo o doutoramento en 1992 na mesma facultade. En 1991 graduouse en Cerámica pola Escola Oficial de Cerámica de Madrid.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2006. Princesas Reales, Vídeo-instalación: Feira Estampa 2006 (Madrid), ‘Arquetipos’, Galería C5 colección (Santiago), ‘Cuerpos de fe’, Sala de arte Metronòm, Fundación Rafael Tous de Arte ContemporáneA (Barcelona) e ‘Dominios cruzados’, Torre Muntadas Sala de arte Josep Bages, El Prat de Llobregat (Barcelona).
2005. ‘Territorios de locura y poder’, Fundación Joan i Pilar Miró (Palma de Mallorca).
2004. ‘Construcción_destrucción’, Galería C5 colección (Santiago).
2003. ‘Sin Lugar’, Museo Provincial (Lugo), ‘Sin Lugar’, XI Estampa, Pabellón de Cristal (Madrid) e ‘Sujetos’. Edición Madrid II, Palacio de Minas (Madrid).
2002. ‘Fragmentos’, Galería Art Consult (Panamá), ‘Love for ever’ Instalación, Procesalia 2002 (Santiago), ‘Nowhere man’, Galería La Caja Negra (Madrid), ‘Borderline’, Sala El Paso, Alcorcón (Madrid) e ‘Dream Nation’, Galería La Escalera (Cuenca).
2001. ‘Vestido animal’, Galería Dos Coimbras, Braga (Portugal), ‘Huntress’, Galería Anexo (Pontevedra) e ‘Revolution’, Instalación: Feria Estampa 2001 (Madrid).
2000. ‘Habitación apropiada’, Instalación: Estampa 2000, Madrid (Catálogo) e ‘Homo Textus’, Galería Vértice, Oviedo. (Catálogo)
1999. ‘Vestidos Mínimos’, Exposición itinerante, Xunta de Galicia (Catálogo), ‘Patrones genéricos’, Galería King´s Fine Arts, Madrid (Catálogo), ‘Vestidos y cabezas’, King’s Fine Arts Gallery (Nova York) e ‘Gráfica’, Galería Bacabú (Lugo).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS (selección)
2005. ‘Adosados’, Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela).
2004. ‘Estampa’ (Madrid), ‘Labios de Penélope’, Galería C5 Colección (Madrid) e ‘Clónicas’, Casa das Artes, Vigo (Pontevedra).
2003. Museo do Grabado Español Contemporáneo (Marbella) e Pinacoteca Comunale Carlo Contini, Oristano (Italia).
2002. Arco 2002 (Madrid), Biblioteca Nacional ‘Donacións de obra gráfica á Biblioteca Nacional’ (Madrid), Galería Vértice (Oviedo), X Premio Nacional de Grabado: Museum Artium de Vitoria, Fundación Antonio Pérez de Cuenca e Fundación Rodríguez Acosta (Granada), Edición Madrid (Madrid) e Estampa 2002 (Madrid).
2001. FIL: Arte Lisboa 2001, Lisboa (Portugal), Estampa 2001 (Madrid), ‘Contra la identidad’, Galería Anexo (Pontevedra), Galería Vértice (Oviedo) e Arco 2001 (Madrid).
2000. Arco 2000 (Madrid), Estampa 2000 (Madrid), Open Studios, Bundeskanzleramt, Viena (Austria) e IX Bienal Nacional de Arte Ciudad de Oviedo (Oviedo).
1999. King’s Fine Arts Gallery (Madrid), Estampa’99 (Madrid), IV Foro Atlántico de Arte Contemporánea (Pontevedra) e ART Miami’99.
1998. QCC Art Gallery, The City University of New York (Nova York), Galería Vértice (Oviedo), I Bienal de Artes Plásticas de Córdoba, Palacio de la Merced (Córdoba), “La seducción de las Técnicas aditivas en el Grabado Español”, Centro Taller de Grabado Estampería Quiteña, Quito (Ecuador) e “Ciento y... postalicas a Federico García Lorca” (1898-1998) Museo Postal e Telegráfico (Madrid).
1997. Estampa'97 (Madrid), ‘Bienal de San Juan del Grabado Latinoamericano y del Caribe’, Instituto de Cultura Portorriqueña (Puerto Rico) e "Taller de Óscar Manesi", Galería La Fábrica, Asunción (Paraguay).

 Outros datos de interese

Ten obras súas nas seguintes coleccións: Dormitory Authority (Nova York); Bundeskanzleramt: Kunstsektion (Artothek, Austria); Museo Provincial de Lugo; Museo do Gravado Español Contemporáneo de Marbella; Museo de Arte Contemporánea de Ibiza; Museo Carlos Maside (Sada); Museo postal e Telegráfico (Madrid); Fundación Pilar e Joan Miró (Palma de Mallorca); Colección Rafael Tous d’ Art Contemporani; Colección Valdearte (Ourense); Concello de Lugo; Biblioteca Nacional (Madrid); Chase Manhattan Bank (Nova York); Toyota Corporation (Nova York e Tokio); Queensborough Community College Art Gallery/ CUNY (Nova York) e Colección da Comunidade de Madrid, Consellería das Artes (Madrid).

Recibiu os seguintes premios, recoñecementos e bolsas:
2003. Premio ‘Villa de Madrid’, Lucio Muñoz (Madrid), Bolsa de creación e experimentación Pilar Juncosa, Fundación Miró (Palma de Mallorca) e Mención de honor, Premio Carmen Arozena (La Palma).
2002. Primeiro premio da XVII Biennal d’Eivissa, Museo de Arte contemporánea de Ibiza (Islas Baleares), Mención honorífica no ‘X Premio Nacional de Grabado de la Calcográfia Nacional’ (Madrid) e X Premios Nacionales MGEC. Premio Fundación Pilar Banús (Málaga).
2001. Bourse de séjour à la Casa de Velázquez (Madrid).
1999. Premio Estampa’99 –Graphikpreis der Artothek– (Madrid).
1998. Primeiro Premio de Pintura no Certame de Artes Plásticas, Padroado de Cultura do Concello de Lugo.
1993. Mención de honra de Pintura no I Certame de Artes Plásticas, Padroado de Cultura do Concello de Lugo.
1992. Bolsa de pintura outorgada polo Concello do Barco de Valdeorras.
1993. Bolsa de Gravado e Litografía, Concello de Sevilla.
1990. Axuda de Investigación no estranxeiro (estancias en centros estranxeiros) en Edimburgo (Reino Unido).
1989. Axuda de Investigación no estranxeiro (estancias breves en centros estranxeiros) en Sheffield (Reino Unido).
1988. Premio Nacional Olio-Fiat.
1987. Bolsa de Investigación para España (Plan de Formación do Persoal Investigador) outorgada por Resolución da ‘Dirección General de Investigación Científica y Técnica’, Ministerio de Cultura. 1988 (1ª prórroga); 1989 (2ª prórroga) e 1990 (3ª prórroga).