Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor numerario de ensinanzas medias, foi vicedirector do Instituto de Monterroso e actualmente está destinado (definitivo) no IES Ollos grandes de Lugo.
Ademais, é director de actuacións arqueolóxicas da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela e foi integrante do equipo arqueóloxico que desenvolveu o plan europeo LEADER, integrante do equipo de investigación da USC do proxecto europeo PETRA para analizar as perspectivas do sistema educativo, director de diversos cursos e talleres da USC, Xunta de Galicia e MEC sobre Historia Antiga e Novas Tecnoloxías e membro da xunta directiva da Asociación de Historiadores de Galicia.
Publicacións:
‘Vías romanas de la provincia de Lugo’, publicado pola USC.
‘Católogo del museo parroquial de Monterroso’, publicado pola Xunta de Galicia.
'Epigrafía romana de la Pronvicia de Lugo'.
Xunto a Jose Luis Novo Cazón publicou "Polos camiños da cultura. Itinerarios Histórico - Artísticos".
Máis de trinta publicacións de ámbito científico relacionadas co mundo antigo e a innovación educativa.
Ademais, é colaborador habitual de diversas publicacións como ‘Palacio do Rei’ (Palas de Rei), ‘Lucensia’ (Seminario), ‘O eco do Ulla’ (Monterroso), ‘Gallaecia’ (USC) e a revista CORGA (Deputación Lugo).
Os futuros proxectos de investigación céntranse na catalogación dos restos epigráficos romanos da provincia de Lugo, os asentamentos rurais romanos tamén nesta provincia e a cristianización do noroeste peninsular.