Traballou como colaborador no Faro de Vigo, foi redactor en Ondas Galicia-Vigo (Radio) e na TVG, editor de Deportes Fin de Semana na TVG (1990-93) e director de deportes de Televisión de Galicia (1993-96). Desde 1998 ocupa o posto de director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia.
Ten sido relator e conferenciante en numerosas xornadas deportivas e de comunicación e pertence á Asociación Galegos Olímpicos, polo seu traballo nos xogos de Seúl, Barcelona e Atlanta.