Lois Vázquez Fernández


Categoría: Teólogo e escritor
Data de Nacemento: 18 de marzo de 1938
Lugar de Nacemento: Chavaga - Monforte (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciado en Teoloxía na Universidade de Salamanca (1962), tres cursos na Universidade Complutense de Madrid (1964-67) e doutor en Teoloxía polo Institut Catholique de París (1974). É director da revista "Estudios" de Madrid, codirector do Instituto de Estudios Tirsianos (IET), membro numerario da Real Academia de Doutores de Madrid e cronista do Instituto Histórico da Mercé en Roma. Tamén é membro da Real Academia de Historia e de Ciencias e Belas Artes de Toledo.

 Obras realizadas

Publicou máis de 30 obras de investigación, edicións críticas e anotadas de Tirso de Molina, entre as que destaca a edición de Cigarrales de Toledo en Clásicos Castalia, nº 216 (1996) e o poema inédito de Tirso "Panegírico a la Casa de Sástago" (1998). Ten publicados trece libros de poemas en castelán e oito de poemas en galego, os últimos No noso bosque convosco, Madrid, 2000, Aquel neno que eu fun, Málaga, 2001, e Sol de Soledad, Málaga, 2002. Colabora en varias revistas, en prensa e asiste con relatorios a moitos congresos. Forma parte da "Asociación Internacional Siglo de Oro". Fixo a edición crítica, con fixación textual de El burlador de Sevilla e de El convidado de piedra de Tirso. Asiste tódolos anos cun traballo orixinal ós "Coloquios Históricos de Extremadura" nos que foi premiado por traballos sobre a familia Pizarro e a Orde da Mercé. Asistiu con conferencias ós cursos internacionais sobre Tirso de Molina que tiveron lugar en EE.UU., Copenhague, Salerno, Pamplona, Madrid, Münster, Parma, Pontevedra, Trujillo e León. Organizou o "Congreso Internacional" e publica e coordina as actas Presencia da Mercé en América (1992). Participou en dous congresos literarios en Santiago de Chile (1992) e México (1996). Tamén publicou El humanismo poético de Dámaso Alonso, Madrid, 1999; 456 pp. Edita e difunde A edición crítica da obra de Tirso, con Ignacio Arellano e a Universidade de Navarra. Asistiu ó congreso en Compostela sobre "Guerra Civil e Literatura Galega" co traballo "Dous poetas mercedarios, víctimas da Guerra Civil en Madrid - 1936". Prepara unha Biografía crítica de Tirso de Molina

 Outros datos de interese

En tres ocasións foi Primeiro Premio de Poesía e noutras tres de Investigación.