Fernando Plata Parga


Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 7 de xullo de 1964
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor pola Universidade de Michigan (Ann Arbor), é director do Departamento de Linguas Románicas e profesor titular de literatura española na Colgate University (Nova Iorque).

 Obras realizadas

É autor de dúas edicións críticas de autos sacramentais de Calderón: ‘La primera flor del Carmelo’ (Kassel, 1998) e ‘El pastor Fido’ (Kassel, 2003), autor do libro ‘Ocho poemas satíricos de Quevedo’ (Pamplona, 1997) e coeditor do volume ‘Estudios de filología y retórica en homenaje a Luisa López Grigera’ (Bilbao, 2000). Ten escrito numerosos artigos sobre temas e autores áureos, entre os que destaca o achádego e edición dun texto perdido de Quevedo: a súa traducción e paráfrasis das ‘Controversias’ de Séneca. Na actualidade prepara unha edición crítica de ‘La Perinola’ de Quevedo.