José María Martinón Sánchez


Categoría: Médico e escritor
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciouse, graduouse e doutorouse en Medicina na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela en 1974, obtendo o título de doutor coa máxima cualificación (sobresaliente "cum laude") en 1978. É médico especialista en Pediatría, especialista en Medicina Intensiva (con diploma de acreditación europeo), médico Puericultor do Estado por oposición nacional e máster en Bioética. Actualmente exerce como profesor titular de Pediatría e Vicedecano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. é xefe do Servicio de Críticos e Urxencias Pediátricas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, presidente da Sociedade de Pediatría de Galicia e presidente da Sociedade Española de Coidados Intensivos Pediátricos.

 Obras realizadas

Realizou, so ou en colaboración, máis de 400 publicacións científicas, como editor de libros, capítulos de libros, monografías e revistas profesionais, nacionais e internacionais. Algúns destes traballos foron galardoados con diversas bolsas e premios de investigación. Desenvolveu máis de 400 conferencias, relatorios e comunicacións científicas a reunións e congresos nacionais e internacionais. As súas liñas de investigación, fundamentalmente clínicas, están referendadas por 14 proxectos financiados e 62 teses e tesiñas de licenciatura dirixidas que abordan, dunha maneira xeral, toda aquela problemática que puntualmente máis incidiu e incide sobre a saúde do neno en Galicia, nos seus aspectos preventivos, diagnósticos e terapéuticos.

 Outros datos de interese

É membro numerario de 21 sociedades científicas (6 internacionais e 15 estatais), sendo membro de honra en 4 delas.
Foi galardoado coa Medalla Castelao en 2012.