Mestre de ensino e apaixoado da etnografía galega, estudiou Maxisterio na Escola Normal da Coruña, e tivo o seu primeiro destino no Cepo-Cumbraos, unha aldea do municipio de Sobrado dos Monxes, no ano 1976. Outros lugares nos que exerceu foron: O Ramo (Maniños, Fene), Barallobre (Fene), Mouriscos (A Fonsagrada), A Capela e As Pontes de García Rodríguez, destino último no que impartiu docencia no CPI Monte Caxado, dende o curso escolar 1983-1984 ata a súa data de xubilación no ano 2014.
Autor de artigos de investigación etnográfica, a maior parte centrados nas comarcas do Eume e Ortegal (A Coruña), foi o artífice da creación do Museo Etnográfico Monte Caxado no ano 1984, nas instalacións do CPI Monte Caxado. Un proxecto pedagóxico co obxectivo principal de achegar os traballos artesanais, agrícolas e ganadeiros aos escolares, toda vez que estas actividades primarias ían desaparecendo coa industrialización da vila de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Chegado o momento da súa xubilación e ante o peche definitivo do centro educativo, decidiu continuar co labor divulgativo do museo nunha nova ubicación, trasladándose gran parte da colección etnográfica a unha vivenda do casco histórico de As Pontes, constituíndo para elo no ano 2015 a Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado, que será a encargada dende entón de xestionar o museo e a colección que alberga, ostentando él no Patronato o cargo de Presidente/Patrono.
Foi tamén socio fundador e presidente da entidade de estudos históricos "HUME", publicando él nas revistas divulgativas desta entidade diferentes traballos de investigación etnográfica.
Artigos e publicacións
Museo Etnográfico do C.P. de E.X.B. Monte Caxado. Concello de As Pontes, 1993 [autores José María López Ferro, Josefina Fernández Bello].
Museo Etnográfico C.P.I. Monte Caxado. Deputación Provincial de A Coruña, ed., 1999 [autores José María López Ferro, Josefina Fernández Bello].
As expresións na fala do concello de As Pontes de García Rodríguez. En: Festas do Carme e A Fraga, 2001, Concello de As Pontes.
Os hórreos de Saa. En: Festas do Carme e A Fraga, 2002, Concello de As Pontes.
A semana das Letras Galegas no CPI Monte Caxado nos vinte anos da súa andaina. En: Festas do Carme e A Fraga, 2004, Concello de As Pontes.
O cruceiro do Poboado. En: Festas do Carme e A Fraga, 2005, Concello de As Pontes.
A tradición oral. En: Festas do Carme e A Fraga, 2006, Concello de As Pontes. [autores José María López Ferro, et al. - Sección de Etnografía da Asociación de Estudos Históricos Hume].
CPI Monte Caxado. Imaxes da Lembranza. Concello de As Pontes, 2007 [autores José María López Ferro, Josefina Fernández Bello].
O cruceiro de Marraxón. En: Festas do Carme e A Fraga, 2008, Concello de As Pontes.
D. Enrique Rivera Rouco, O "Cura dos Chaos". En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME, Concello de As Pontes, 2008.
O hórreo no concello de As Pontes de García Rodríguez. En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME,Concello de As Pontes, 2009.
CPI Monte Caxado. Imaxes da Lembraza II. Concello de As Pontes, 2009 [autores José María López Ferro, Josefina Fernández Bello].
O cruceiro da Capela do Carme. En: Festas do Carme e A Fraga, 2009, Concello de As Pontes.
Os reloxos de sol no concello das Pontes de García Rodríguez. En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME,Concello de As Pontes, 2010.
A ara de Somede. En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME, Concello de As Pontes, 2011.
Os xogos populares. En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME, Concello de As Pontes, 2012.
Un museo etnográfico no colexio. En: EDUGA. Revista Galega do Ensino, Xunta de Galicia, 2012.
Un percorrido polo patrimonio pontés. A súa valoración e importancia. Algunhas causas da súa desaparición. En: Cadernos do Ateneo Eumés, Ateneo Eumés "Fernán Martís" - Concello de Pontedeume, 2012.
Semblanza de D. Enrique Rivera Rouco. En: Historia de Puentes de García Rodríguez, [ed. facsímil. 2012], Concello de As Pontes.
Os xogos populares (II parte). En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME, Concello de As Pontes, 2014.
Don Enrique Rivera Rouco: a súa vida e a súa obra. Liceo Recreativo e Artístico de As Pontes, Concello de As Pontes, 2014.
Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez. En: Cadernos de Fraseoloxía Galega, Xunta de Galicia, 2015.
A miña vida de mestre de escola. En: Festas do Carme e A Fraga, 2015, Concello de As Pontes.
Unha posible orixe da nosa vila. En: Festas do Carme e A Fraga, 2016, Concello de As Pontes.
Historias das nosas festas patronais da Virxe do Carme. En: Festas do Carme e A Fraga, 2017, Concello de As Pontes.
Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado. En: Revista de Estudos Históricos Locais HUME, Concello de As Pontes, 2018.
Cadernos do Museo Etnográfico Monte Caxado: A caza no concello de As Pontes de García Rodríguez. Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado - Deputación da Coruña, 2018.
Historia do Liceo Recreativo e Artístico. Primeira parte. Anos 54-63, Liceo Recreativo e Artístico de As Pontes, Concello de As Pontes, 2018.
Cadernos do Museo Etnográfico Monte Caxado: Os peches tradicionais das fincas no concello de As Pontes de García Rodríguez. Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado - Deputación da Coruña, 2019.
Cadernos do Museo Etnográfico Monte Caxado: O oficio de zapateiro no concello de As Pontes de García Rodríguez. Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado - Deputación da Coruña, 2020.
A xestión dos museos de etnografía. En: Catálogo do Museo Etnográfico de Meixido, Concello de Ortigueira, Deputación Provincial de A Coruña, ed., 2021.
Cadernos do Museo Etnográfico Monte Caxado: Lendas ilustradas do Eume e Ortegal. Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado - Deputación da Coruña, 2021.
Cadernos do Museo Etnográfico Monte Caxado: Crenzas e supersticións na comarca do Eume. Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado - Deputación da Coruña, 2022.
Cadernos do Museo Etnográfico Monte Caxado: O paso do tempo. Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado - Deputación da Coruña, 2023.
Premios e recoñecementos
No ano 2011 recibiu o primeiro premio "Ferro Caaveiro", do Museo Etnográfico "O Pazo" de A Capela (A Coruña), polo seu traballo de investigación titulado "Os hórreos do concello de A Capela".
No ano 2018 recibiu o galardón de "Guerreiro do Ano", outorgado pola Asociación de Tempo Libre "Néboa", polo seu labor na investigación e a divulgación da cultura galega.
No ano 2019 recibiu o premio "Pedra do Destiño", outorgado pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, polo seu labor de defensa e salvagarda do patrimonio cultural de Galicia no campo da etnografía.
Ostenta o cargo de Cronista Oficial da Vila de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) dende o ano 2022.