Jesús Paz Parracho


Pseudónimo:Suso de Cruces
Categoría: Técnico Especialista en Vitivinicultura
Data de Nacemento: 27 de outubro de 1961
Lugar de Nacemento: Tirabao de San Xoán de Baión, Vilanova de Arousa (Pontevedra)
 Currículum

 
Incorpórase a viticultura en 1986, na man de Don Julián Benéitez Villanueva, director da estación de viticultura e enoloxía de Ribadumia. Ese mesmo ano coincide con D. Jesús Requena, natural de Sete Aguas (Valencia), que lle ilustra na poda da vide. Perfecciona os seus coñecementos co seu mestre Julián Benéitez.
En 1987 encárganlle a responsabilidade de xestionar explotacións vitivinícolas no Salnés, ademais de colaborar na instrución de novos viticultores na estación de viticultura e enoloxía de Ribadumia, na Escola de Capacitación Agraria de Guísamo (A Coruña) e Capacitación Agraria de Baixo Miño, en Salvaterra. Tamén colaborou cás distintas oficinas agrarias comarcais de Vilagarcía, Padrón, Santiago, Caldas e Pontareas, todas elas dependentes da Consellería do Medio Rural. Foi copropietario e director de “Xesvitgal, S.L.”, unha empresa dedicada a xestión vitivinícola galega, actualmente e xerente e director da súa propia empresa agrovitícola. Presidente da Asociación Galega Gastronómica e Custodia dos Viños Galegos CASTRO ELVIÑA, e vocal do Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas.
Autor dos poemas “O meu verdadeiro amigo”, “A vida da vide, a vida do viño”, dedicados ó Albariño e “Santiago ten dúas cunchas”, dedicado a Ameixa de Carril”.
Está en posesión da licenza EA de radio e telegrafía outorgada polo Ministerio de Ciencia e tecnoloxía, do título de Xestión Agraria Empresarial, outorgado pola Consellería do Medio Rural e da licenza de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios nivel CUALIFICADO.
No ano 2000 crea a peza “Lagariño”, dedicada ós viticultores e adegueiros das Rías Baixas, no 2009 e nomeado cabaleiro emérito da Serenísima orde dos Cabaleiros da Pedra moura, e fundador e Gran mestre da Orde do Lagariño.