É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (1986) pola USC e Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coimbra. Graduouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na USC coa memoria de licenciatura A xeración escolar. Notas para a historia do teatro galego (1989, mención especial no I Certame Carvalho Calero na modalidade de investigación en 1990) e doutorouse coa tese Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994). É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES “Agra do Orzán” da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes e Rafael Dieste. Alén da súa obra individual colabora en 100 obras colectivas, sendo autor de máis de 500 escritos, case un cento de asunto teatral. Na actualidade colabora en diversos medios escritos, electrónicos e audiovisuais como Radio Coruña-SER (Vivir en A Coruña, Hoy por Hoy A Coruña, La ventana de A Coruña), La Voz de Galicia, El Ideal Gallego (entre 1985 e 1987 escribe a sección “Palabras” no suplemento Cataventos), La Opinión (A Coruña), Casahamlet, Escrita contemporánea ou Grial participando nos monográficos da revista Raigame dedicados a Murguía (nº 10, 2000), Sarmiento (nº 15 , 2002) e Lugrís Freire (nº 23, 2006). Entre 2009 e 2011 publicou a columna “Vento de seda” no Xornal de Galicia e en xornal.com. Tamén colaborou no programa “El observatorio” de Localia Coruña TV (2004-2005). Intervén en congresos e encontros da súa especialidade, ofrece recitais poéticos, pronuncia conferencias en diversas universidades e centros culturais de España, Europa e América e participa activamente na vida cultural galega.
Pertenceu ao grupo de sociolingüística Iruinean Sortua liderado por Lluis V. Aracil, ao Consello Directivo da AGAL, ao Consello Directivo da AELG, foi redactor da revista Agália, director do programa de radio Quinta-Feira, coordinador do Certame de Narrativa “Manuel Murguía” e profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC. Formou parte do comité organizador da “Homenaxe a Méndez Ferrín” (USC, A Coruña, 1984), do “II Encontro de Escritores Galegos” (Pazo de Mariñán, 2004), do “Simposio Lugrís Freire” (UDC, AS-PG, A Coruña, 2006) e en 2007 promove con outros intelectuais unha Homenaxe Nacional a Francisco Pillado. É socio de Cedro. En 2009 crea o blog O cristal da sede (http://www.ocristaldasede.blogspot.com/). En 2012 creou o seu novo blog http://henriquerabunhal.blogaliza.org/. Foi membro dos xurados do Premio de Teatro Breve da EDG, do Concurso Nacional de Poesía do Facho, do Premio Blanco Amor de Novela, do Certame de Narracións Breves “Modesto R. Figueirido”, dos Premios Ricardo Carvalho Calero, do Premio de Poesía Miguel González Garcés, do Premio de Narrativa Repsol IPF, do Certame de Narracións Breves “Manuel Murguía” ou dos Premios María Casares de Teatro. En 2008 traduce ao galego os materiais do Proxecto medioambiental Paisaxe elaborado polo Proxectoterra do COAG e a obra Social da Fundación “La Caixa” como o libro Paisaxe (Barcelona, 2008) supervisando lingüisticamente diversos materiais do proxecto (Antón de Soutolagoa descobre o seu mundo, Descubrindo onde vivimos, Movéndonos no territorio).
Nos anos 80 comeza a súa actividade literaria participando no I Ciclo de Poesia Edral e editando diversos poemas, relatos e pezas teatrais en Luzes de Galiza (como no nº 21, 1993, dedicado a Avilés de Taramancos), Agália, Nós, Cadernos do Povo, O Ensino, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Anto (Amarante), O Correo Galego, Renovação, La Barandilla (en 1983 recibe o I premio de poesía La Barandilla en galego), Azgail, Habitantes do Lago, Nau senlheira, V Festival de Poesia no Condado, Olláparo, El Mundo, Çopyright, Enclave, Bravú, A Rua, Nova Renascença, Bolboreta, Revista San Xoán, Constantinopla, Guía dos Libros Novos, Madrygal, etc. Desde 1999 é colaborador de Radio Coruña e tamén escribe no servidor de internet e no teletexto da CRTVG. En 1986 é galardoado co I premio en poesía no VII Concurso Literario de Culleredo, en 1988 co 2º premio en poesía no XVII Certame Literario do C. C. Meigas e Trasgos de Sarria, en 1989 co accésit no X Concurso Literario de Culleredo en poesía e no IV certame de poesía Domingo Antonio de Andrade. Tamén en 1988 recibe unha mención especial en narrativa no IX Concurso Literario de Culleredo.
Nos colectivos poéticos “A illa quente de nengures” e “Apenas duas palavras” comeza a súa andaina literaria que inclúe catro poemarios: Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da locura (1992), O tempo demorado nos marmelos (2000) e O cristal da sede (2006). A súa poesía pode lerse nos volumes dedicados á poesía galega polas revistas Anto (1997, Amarante) e Mealibra (2004, Viana do Castelo) así como nas antoloxías e recompilacións V Festival de Poesia no Condado (1985), Para Francisco Rodríguez: mar de liberdade. Solidaridade de escritoras e escritores galegos (1989), Ao mar de adentro (1990), Matria da palabra (1990) de R. da Rocha, A poesía contemporánea a partir de 1975 (1997) de M. Mato, Homenaxe a Eduardo Blanco Amor 1998 (“Travesia de amor e palabras con Eduardo pola Ria do Burgo”, 1998), Río de son e vento (1999) de C. Morán, 25 anos de poesía galega (2002) de L. Rodríguez, Negra sombra (2003), Botella ao mar (2003), Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo (2003), 37 poemas por man propia (2006), A Coruña á luz das letras (2008) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Homenaxe dos amigos (2009).
Como dramaturgo é autor de A noite das noites, (1985, premio de teatro breve da Escola Dramática Galega, estreada en 1988), Oratio mare/O cántico de Orfeu (1988;1992), Cousas de Itaca (mención especial no IX concurso de teatro breve da Escola Dramática Galega, 1988), Desesperados (1990), Diálogo da Furoca entre Afonso Eanes do Cotom e Pero da Ponte (Luzes de Galiza, 18, 1991), Maternidade (1992), Louvor de Pero Meogo (Monólogo do cervo Agostiño) (Luzes de Galiza, 19/20, 1992), Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992), Xuízo a Curros (Luzes de Galiza, 22/23, 1993), Amlet, voz e verbo (1999), Mumias no país de Luzetro (2000), Monólogo do fillo triste (2002), O vento da morte (2004), O miradoiro (2005), Catástrofe (2006), Carne no camarín (2006), Amor móbil (2007), Luscofusco (2008), Teatro incompleto (2009), Con Cunqueiro no paraíso (2010) e O banco da xente (2012) no volume Banqueiros. “Catástrofe” e “Amor móbil” foron lidas, con dirección de Manuel Lourenzo, polo Grupo de Lectura de Casahamlet no seu local coruñés o 19 de novembro de 2009. Colaborou tamén no volume Monólogos II (1992).
Como narrador publicou en 1985 o relato “Abril” e o Epistolário em catro tempos aos que seguiron “Umha tarde em Compostela” (2º premio no XIX concurso Breogán de contos, 1986), As Weissleiver (1º premio en lingua galega no IV Concurso Galaico-Leonés de Contos, 1987), “A severa sinagoga” (1º premio no XXI concurso Breogán de contos, 1988), “Quatro pais, um pato e um can”(1989), “80 centímetros cúbicos”(2º premio no XXII concurso nacional de contos infantís O Facho, 1989), “Carta do clérigo Chucho Malfado a Maria Peres, a Balteira” (Luzes de Galiza, 16/17, 1991), “O dedo de Abelardo Souto”(1993), “Lenita”(Luzes de Galiza, 21, 1993), “A última galiña” (1993), “O feiticeiro de porcos” (1995), “Ao pé do Trintón” (1998), A fariña das horas (1998), “Telegrama con vida incorporada” (1999), “Susana Mourelle Trotín” (2001), “Estado do mar en estado. Do Prioriño ás Sisargas” (Bravú, 2001) e Ollos negros (2004). A súa obra narrativa pode lerse nos volumes colectivos Fogo cruzado (“A severa sinagoga”, 1989), Muralla de Crescórnio (“A morte de Frank Hengist”, premio I Certame Maio Literario, 1989), Novo do trinque (“De fêmeas e fenas”, 1997), Alma de beiramar (2003), Sempre mar (2003) ou Art Natura (2007).
Como ensaísta e investigador publicou unha edición de O marinheiro de Fernando Pessoa (1985), outra do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1989) e os libros Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994), Rafael Dieste: a franqueza e o mistério (1995), A Coruña na historia (1999), Jenaro Marinhas del Valle, a vida escura (2000), O Padre Sarmiento. Arquivo da lingua e cronista da patria (2002), Palabra e patria (2005), Palabras no vento (2005), Manuel Lugrís Freire (2006), Literatura galega (2007), Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta (2008), Poemas coruñeses (2008), O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009) e Escritos sobre teatro galego (no prelo). Co prof. Gil Hernández escribiu “O Conceito de ‘diglossia’ segundo Ch. A. Ferguson e a sua pertinencia para a comunidade lusófona da Galiza” (Nós, 13-18, 1989). En 1991 publica o ensaio “Alexandre Bóveda: bandeira da nosa redención”(mención especial en 1986 no I premio de ensaio Alexandre Bóveda). En 1993 publica con X. M. Fernández Costas tres libros: Luz Pozo Garza. Códice calixtino, X. L. Méndez Ferrín. Con pólvora e magnolias e Carlos Casares. Ilustrísima. Entre 1999 e 2003 escribe diversas voces para a Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.
Ao teatro galego dedicou os libros Textos e contextos do teatro galego (1671-1936)(1994), Jenaro Marinhas del Valle, a vida escura (2000), Manuel Lugrís Freire (2006), O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009) e os traballos Introd. e notas a O marinheiro de Fernando Pessoa (1985), “Galo Salinas no teatro galego” (1988), “Contribuiçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no rio Minho” (Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1989), “Bouça-Brei e o teatro” (1992), “O teatro galego na época das Irmandades da Fala” (Actas do III Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1992), “A fonte d'o xuramento no teatro galego” (Atas do II Congresso Internacional de Literaturas Lusófonas, 1994), unha parte de Rafael Dieste: a franqueza e o misterio (1995), “Blanco Amor no teatro galego” (Actas do IV Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1996), “Carvalho Calero e o teatro” (Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, 2000), “Reflexons sobre o teatro galego” (Nova Renascença. Homenagem à Galiza, nº 72/73, 2001), “A Gaiola de Jenaro Marinhas”, (Revista Galega de Teatro, 29, 2001), “No centenario da Escola Rexional de Declamación” (1903-2003) (Anuario galego de estudos teatrais 2002, 2002), “Teatro Pisón” en Noite invadida de Xesús Pisón (2005), “Análise de A soldadeira de Luís Seoane” en Palabra e patria (2005), “Xosé Lois García e o teatro galego” no libro Coloquio-Homenaxe Xosé Lois García (2006), “Carta aberta a Francisco Pillado” no volume No país da irmandade (2007), “Manuel Lourenzo” (La Voz de Galicia, 1-IX-2007), “Obreiro do teatro”(sobre Manuel Lourenzo), (Premios Nacionais da Cultura Galega 2008), O Teatro galego (2008) ou “Os primeiros autos de Manuel María no contexto do teatro galego dos anos 50 e 60” (2009). Colabora nos Cadernos da Escola Dramática Galega, Cadernos de Teatro, Revista Galega de Teatro, Anuario galego de estudos teatrais e nos especiais da revista Casahamlet dedicados a Hamlet (Amleth, voz e verbo, nº 1, 1999), ao teatro galego na Coruña (“Marinhas del Valle e o teatro na Coruña”, “Lar: tamén ao servizo do teatro galego”, “A Escola rexional de declamación: un fito na história teatral galega e coruñesa”, nº 2, 2000), aos monólogos (“O vento da morte”, nº 6, 2004), á cidade (“O urbano na literatura dramática galega”, nº 7, 2005), ao teatro histórico (“Pouco máis de dúas palabras sobre o teatro histórico”, nº 8, 2006), ao amor (“Amor e teatro”, nº 9, 2007), ao teatro fantástico (“Luscofusco”, nº 10, 2008), aos personaxes (“Hamlet”, nº 12, 2010), a Álvaro Cunqueiro (“De ruada pola Rúa 26 do señor Cunqueiro”, “Con Cunqueiro no Paraíso”, nº 13, 2011) e a teatro e audiovisual (“Da catacumba ao officiu. O teatro galego entre 1960 e 1980”, “Cronoloxía (orientativa) do teatro galego (1960-1980)”, nº 14, 2012).
Unha parte do seu traballo investigador está consagrado á figura de Manuel Murguía a quen dedicou os libros Manuel Murguia (1999, premio Carvalho Calero de investigación en 1998), Manuel Martínez Murguía (1999), Manuel Murguía e Arteixo (2000) e unha edición de La primera luz (2000) colaborando nos volumes Volver a Murguía (“Manuel Murguia en La Ilustración Gallega y Asturiana”, con X. M. Fernández Costas, 1998), Manuel Murguía. Instantes dunha vida (“O significado intelectual de Manuel Murguia”, 2000), Congreso sobre Manuel Murguía (“A miña paixón por Murguía”, 2001) e Diálogos na Casa de Rosalía (“Manuel Murguía”, 2002). A partir dos seus libros fixo Pepe Carreiro o seu Murguía (2000). En 2006 publícase en español o seu libro Manuel Murguía traducido por Xosé Manuel Fernández Costas. En 1999 traballa na curtametraxe de animación Ignotus (Premio AGAPI 2001) dirixida por Tomás Conde e Virxinia Curiá e baseada no relato homónimo de M. Murguía. Colaborou nos especiais ‘Murguía, o Patriarca’, (“Poeta en verso, poeta en prosa”, La Voz de Galicia, 14-V-2000), ‘Murguía e outras Galicias’ (“A Galicia do “Galicia” de Manuel Murguía”, El Mundo, 17-V-2000), ‘Murguía. As raíces e o sangue’ (“Viva Murguía”, O Correo Galego, 17-V-2000) e ‘Murguía, nacionalismo’ (“Volver a Murguía”, A Nosa Terra, nº 935, 18-V-2000). Para o Servidor de Internet da CRTVG e o Servizo de Teletexto da TVG escribiu en 2000 os textos “Evocación de Manuel Murguía” e “Obra de Manuel Murguía” no Especial Manuel Murguía. Letras Galegas 2000. Tamén a Murguía dedicou os traballos “O intelectual dos mil espellos” (La Voz de Galicia, Culturas”, nº 82, 15-6-99), “Diccionario de escritores” (La Voz de Galicia, Culturas”, nº 91, 17-8-99), “Cronoloxía de Manuel Murguía” (Raigame, 10, 2000) ou “O Bardo e o patriarca: vidas paralelas” (Raigame, 10, 2000)
Sobre Marinhas del Valle escribiu os libros Jenaro Marinhas del Valle, a vida escura (2000) e O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009) e os traballos “Jenaro Marinhas del Valle: testemunha de umha lealdade”, con José Mª Monterroso Devesa (1989), “Ramo cativo de Marinhas del Valle” (1990), “Marinhas del Valle na história do teatro galego” (1992), “O home que viveu o século” (1999), “Marinhas del Valle e o teatro na Coruña” (2000), “Galiza chora a morte de Marinhas del Valle” (2000), “A Gaiola de Jenaro Marinhas” (2001), “Jenaro Marinhas del Valle, sempre” en Palabra e patria (2005), “Marinhas del Valle leal e erguido”, nas Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle (2009) e “Jenaro Marinhas del Valle: testemunha de umha lealdade”, con Monterroso Devesa, no libro Presença de Jenaro Marinhas del Valle (2009). Participou en numerosos actos dedicados a Marinhas como a Homenaxe a Marinhas del Valle (A Coruña, 1992), Xornadas do centenario do nacemento de Jenaro Marinhas del Valle (UDC, 2008), Congreso “Jenaro Marinhas del Valle” (A Coruña, 2009) e no monográfico de Agália (nº 32, 1992) dedicado a Marinhas del Valle.
Sobre o profesor Carvalho Calero escribiu “Conversas en Compostela con Carballo Calero” (1986), “Uma leitura de Futuro condicional” na Homenagem ao professor Carvalho Calero (O Ensino, 18/22, 1987), “Foi-se-nos D. Ricardo Carvalho Calero” (1990) “Carvalho Calero e a sua obra” (1992), “Carvalho Calero e Marinhas del Valle na Galiza do século XX” (2000), “Carvalho Calero e o teatro” en Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, vol. I, (2000) e “Achegamento urxente á narrativa de Carvalho Calero” en Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación (2011).
Sobre Lugrís Freire publica en 2006 o libro Manuel Lugrís Freire (2006) e os traballos “Lugris Freire na cultura galega” (1990), “O teatro de Manuel Lugris Freire”(1992), “Lugrís Freire no teatro galego” (Raigame, 23), “O príncipe do teatro galego”(sobre M. Lugrís), en Manuel Lugrís Freire, o compromiso (La Voz de Galicia, 11-V-2006), “Lugrís, Lugrís, Lugrís”, Especial Día das Letras Galegas Manuel Lugrís Freire (El Ideal Gallego, 17-V-2006) e “Manuel Lugrís Freire na Galiza contemporánea” (A Nosa Terra, nº 1223, maio de 2006). Rabuñal foi coas profesoras García Negro e Fernández Pérez-Sanjulián un dos organizadores do Congreso Lugrís Freire e editor das súas Actas (2009).
Ao Padre Sarmiento dedicou o libro O Padre Sarmiento. Arquivo da lingua e cronista da patria (2002) e os traballos “O Padre Sarmiento: arquivo da lingua e cronista da patria”, no especial O Padre Sarmiento. Letras Galegas 2002, no Servidor de Internet da CRTVG e no seu Teletexto, “O Padre Sarmiento: arquivo da lingua e cronista da patria” (Leliadoura, 2002), “Os porqués íntimos”[do Padre Sarmiento] (La Voz de Galicia, 9-V-2002, Especial Martín Sarmiento, Día das Letras Galegas, 2002), “Martín Sarmiento, descubridor e cronista da literatura galega” (Raigame, 15, 2002) e “Martín Sarmiento, disfrazado do poeta Marcos da Portela” (Raigame, 15, 2002).
Henrique Rabuñal participa desde os primeiros 80 na vida cultural coruñesa. Sobre a súa cidade escribiu A Coruña na historia (1999) e Poemas coruñeses (2008). En 1996 colabora co texto ”(N)A Corunha: ninguém forasteiro”, no libro da MNL A Coruña. ¡Asi a queremos! En 2008 intervén no curso da UIMP “800 anos de historia da Coruña” e resulta finalista no Concurso Microcoruñas (poesía en galego). Con Filipe Senén fixo o DVD Um passeio con Jenaro Marinhas del Valle. A Corunha galeguista (2009). Tamén colabora nos volumes A Coruña á luz das letras (2008) e Ditos sobre o libro e a lectura (Concello da Coruña, 2009). En 2010 colabora con Xurxo Lobato no seu libro Vivir na Coruña. Unha forma de habitar a cidade. O 18 de xuño de 2009 o Concello da Coruña incorpora o seu texto “MURMURIO DA VIDA EN SANTA CATALINA” á reformada Praza de Santa Catalina. En decembro de 2010 o Concello da Coruña incorpora o seu texto “O ADRO DOS SILENCIOS” á reformada Praza de Santo Domingo. Nos dous casos por encargo do concelleiro de rehabilitación urbana e vivenda Mario López Rico. É tamén autor dun Itinerario Histórico-Musical da Coruña e do roteiro “Un mundo que se chama A Coruña” (2010, www.aelg.org). Colabora coas asociacións e institucións culturais da cidade como O Facho, Alexandre Bóveda, Amigos dos Museos, Casa Pardo Bazán, Real Academia Galega e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. Foi un dos promotores en 2011 do Manifesto “Non podemos calar”.
Con motivo da catástrote do Prestige, participa activamente nas actividades de “Nunca máis” e colabora nos libros Negra sombra (“Galiza negra”, 2003), Botella ao mar (“Coas dedeiras que asfixian o betume”, 2003), Alma de beiramar (“Oración polo alemán de Camelle”, 2003), Sempre mar (“O noso planto”, 2003) ou Art Natura (“O planto lambón”, 2007).
Foi profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC. No curso 2005/2006 impartiu o curso “Estratexias de identidade en textos dramáticos galegos” nun programa interuniversitario de doutoramento. Para a Biblioteca Francisco Pillado escribiu o estudo “Teatro Pisón” en Noite invadida de Xesús Pisón (2005) e O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009). Coas profesoras Fernández Pérez-Sanjulián e García Negro organizou o Congreso Lugrís Freire e editou as súas Actas (2009). Tamén publicou “Os primeiros autos de Manuel María no contexto do teatro galego dos anos 50 e 60” en Manuel María: literatura e nación (2009) e “Achegamento urxente á narrativa de Carvalho Calero”, en Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación (2011). Colaborou en 2010 nos actos para a investidura de Díaz Pardo como Doutor Honoris Causa. Na UDC participou no Simposio Ricardo Carvalho Calero (2000), Xornadas Conmemorativas do I Centenario da Escola Rexional Galega de Declamación (2003), Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (2004), Congreso Manuel María (2005), Simposio Lugrís Freire (2006), III Xornadas Lingua e Usos (2006), I Xornadas Carvalho Calero (2008), Xornadas do centenario do nacemento de Jenaro Marinhas del Valle (2008), Xornadas Ricardo Carvalho Calero (2010) e no Congreso Uxío Novoneyra (2011).
Membro da AELG desde 1984, foi vogal do seu Consello Directivo. Formou parte da delegación galega nos V (Bilbao, 1988), XVI (Lekeitio, 2000), XX (Gernika, 2003), XXI (Ourense-Allariz, 2004), XXII (Girona, 2005) e XXIV (Lugo-Mondoñedo, 2007) Encontros Galeusca así como na Homenaxe da AELG a Luísa Villalta (A Coruña, 2004), no Congreso do XXV aniversario da AELG (Pontevedra, 2005), na Homenaxe da AELG ao Museo do Pobo Galego (Santiago, 2005) ou no Encontro Internacional “Letras na Raia”(Goián-Vilanova da Cerveira, 2005). En 2005 Henrique Rabuñal e C. Sánchez coordinan o volume Uxío Novoneyra. A emoción da terra (Escrita contemporánea, nº E). Tamén colabora no volume de Homenaxe a Ánxel Casal (Escrita contemporánea, 2005) e nas Actas do Congreso do XXV Aniversario (Escrita contemporánea C, 2005). En 2005 impartiu un Obradoiro de creación literaria. En 2006 escribiu o traballo “A TRAXECTORIA LITERARIA DE XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN [1996-2006]” para apoiar a súa candidatura ao Premio Nobel de Literatura. En 2007 traballa en representación da AELG no novo Plan Galego das Artes Escénicas e Musicais. En 2007 realizou a laudatio de Manuel Lourenzo (www.aelg.org) e Isaac Díaz Pardo ao seren homenaxeados pola AELG coa letra E e co premio dos Bos e Xenerosos respectivamente. Tamén asistiu aos actos de entrega da letra E aos autores Fernández Ferreiro e García-Bodaño e do premio Bos e Xenerosos a Pousa Antelo e ao Museo do Pobo Galego. Para a web da AELG co patrocinio da Consellería de Cultura escribiu os textos “O teatro galego” (2008) e o roteiro “Un mundo que se chama A Coruña” (2010). Participou tamén no espazo que a AELG tivo no Culturgal e en AchegArte e no DVD Escritores en primeira persoa (2010).
Como socio da AGAL presentou traballos nos I (Ourense, 1984), II (Ourense-Santiago, 1987), III (Vigo-Ourense, 1990), IV (Vigo, 1993) e V (Vigo, 1996) Congresos Internacionais da Lingua Galego-Portuguesa, nas Actas do I e II Congreso de Literaturas Lusófonas ou nos volumes O fenomeno literario nos países lusofonos (“A obra poética de Xavier Seoane”, Cadernos do Povo, nº 2/3/4, 1987) e Homenagem ao professor Carvalho Calero (“Uma leitura de Futuro condicional”, O Ensino, nº 18/22, 1987). Nas Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1986) publica “Hábitat político e normalizaçom lingüística”. Tamén colaborou nas publicacións da Comisión Lingüística da AGAL Prontuário ortográfico galego (1985), Guia prático de verbos galegos conjugados (1989) e Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1989). Foi redactor da revista Agália onde publicou (1985-2001) máis de trinta traballos sobre Manuel María (“Manuel Maria: na hora justa da olhada cara adentro”(Agália, 1, 1985), Celso Emilio Ferreiro (“Apresentaçom da vida e da obra de Celso Emílio Ferreiro”, Agália, 17, 1989), Blanco Amor (“Eduardo Blanco Amor: viagem à sua vida e à sua obra” (Agália, 35, 1993), Dieste (“A propósito de Rafael Dieste, franco e misterioso” (Agália, 41, 1995), Ánxel Casal (“Ângelo Casal na lembrança” (Agália, 44, 1995), Guerra da Cal (“Ernesto Guerra da Cal, o extraterrestre” (Agália, 44, 1995), Cunqueiro, Carvalho Calero, Avilés de Taramancos ou Rodríguez Baixeras e sobre a súa propia obra (“No espelho côncavo da memória”, Agália, 33, 1993).
Colaborou nos especiais Xosé Mª Álvarez Blázquez. A polifacecia creativa (“Pontevedra, a súa referencia central na viaxe da vida”, “Biografía”, “Bibliografía” e “Bibliografía sobre Xosé María Álvarez Blázquez”, La Voz de Galicia, 15-V-2008), Especial Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro: o amigo que lembramos (“Biografía e bibliografía sobre Ramón Piñeiro. Un autor controvertido e senlleiro”, La Voz de Galicia, 16-V-2009) ou Letras Galegas 2010. Novoneyra (“Lembranzas de Novoneyra, sombra e bandeira”, La Voz de Galicia, 15-V-2010). A súa obra pode lerse tamén nas Actas del I Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval (“Análise da cantiga As ffroles do meu amigo [CV 401, CBN 817] de Paio Gómez Charinho”, con Mª Luísa Otero e Dionisio López, 1988), Homenagem a Ernesto Guerra da Cal (1989), Atas do I Congresso Internacional de Literaturas Lusofonas (1991), Crítica e autores II (“Valioso patrimonio”, A Coruña, La Voz de Galicia, 2002), Feijóo, o galego e nós coordinado por Xosé Mª Álvarez Cáccamo (“Lingua e goberno na Galiza de Núñez Feijóo”, 2010), etc. En 1991 realiza a supervisión lingüística da revista Galiza sempre 1992. En 1992 traballou na edición para bibliófilos do Alba de Groria de Castelao con gravados de Manuel Facal. É autor do “Prólogo” en A vinganza da mantis de Paloma Calvo Varela (2007).
Unha parte da súa actividade está ligada ao seu concello natal, o de Arteixo, cuxa biblioteca central leva o nome de Henrique Rabuñal desde 2009. En Arteixo, fundou os colectivos galeguistas A Nova Mocidade e Xiada, organizou con Miguel Sande en Caión os “venres literarios” e foi director do programa de radio Quinta-Feira en Radio Arteixo. Tamén colaborou nas revistas Eixo, Inquedanza, Boletín Informativo Municipal, Raxo, O Berro, Pastoriza 85, Pastoriza, festas do 86, O Instifruto, Leliadoura ou Bulldog. Colaborou coa A. X. Xiradela en particular na celebración do Día da Muiñeira. En 1992 escribe a peza teatral Do goberno bipartito á autovía funeral ideada para unha festa popular do Entroido, e estreada en Arteixo o 3-III-1992 polo grupo de teatro de Xiradela. En 1995 é designado “Arteixán do ano 1994”. Durante quince anos foi coordinador do Certame de Narracións Breves “Manuel Murguía” e promotor de numerosas iniciativas culturais responsabilizándose da edición dos libros Relatos (1995), Airadas de palabras (1998), Tecendo panos (2000), Paisaxes con palabras (2001) e De soños e memorias (2003) onde se recollen relatos dos autores galardoados. En 2005 fixo o texto para o catálogo da exposicón Palabras no vento. O Certame Manuel Murguía (1991-2005).
No campo audiovisual entre 1985 e 1987 traballa para Sonor.s.a. e Estudio Uno na dobraxe de filmes e series ao galego para a TVG. É autor dos guións dos vídeos Renova Arteixo. Renova Galiza (1991), O Certame Manuel Murguía. Dez anos de cultura e palabras en Arteixo (2002) e A Luz de Carlos (2002), este en homenaxe a Carlos Casares. En 1999 traballa na curtametraxe de animación Ignotus (Premio AGAPI 2001) dirixido por Tomás Conde e Virxinia Curiá e baseado no relato homónimo de M. Murguía. Tamén colaborou nos especiais da TVG sobre Murguía (2000) e de TVE sobre Murguía (2000) e Lugrís (2006).
Participou en numerosos congresos e xornadas de estudo como Congreso Internacional de Sociolingüística (Lleida, 1983), I Xuntanza Nacionalista da Universidade (Santiago, 1984), I Congreso de Socioloxía das Linguas Minoritarias (Getxo/Bilbao, 1984), I Ciclo de Poesía Edral (A Coruña, 1984), VIII Xornadas do Ensino (Ourense, 1984), I Encontro de Escritores Luso-Galaicos (Melgaço-Monção, Portugal, 1985), I Congreso da Asociación Hispánica de Literatura Medieval (Santiago, 1985), Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística (Santiago, 1986), II Encontro da Primavera, Encontro cultural luso-galaico (Amarante-Portugal, 1988), Simposio Celso Emilio Ferreiro (USC, 1989), Homenaxe a Lugrís Freire (A Coruña, 1990), I Encontros co Portugués (A Coruña, 1990), Xornadas de Intercambio Galego-Portugués (Arteixo, 1991), II Semana Cultural de Arteixo (1992), XVI Xornadas do Ensino (A Coruña, 1992), Congresso Internacional da Língua Portuguesa no Mundo (Santiago de Compostela-Braga, 1992), XXIV Congresso Brasileiro de Língua e Literatura (Universidade do Estado de Rio de Janeiro, 1992), Encontro Cultural Luso-Hispano-Brasileiro (Academia Cabofriense de Letras, 1992), Homenaxe a Manuel María (O Couto-Ponteceso, 1993), III Semana Cultural da A. C. Xiradela (1993), II Congresso Internacional de Literaturas Lusófonas (Santiago de Compostela, 1993), Homenaxe a Ánxel Casal (Sada, 1995), Homenaxe a Guerra da Cal (USC, 1996), IX Xornadas de Lingua e Literatura (Santiago, 1999), V Simposio Pondaliano (Ponteceso, 1999), Diálogos na Casa de Rosalía (Padrón, 1999), X Xornadas de Lingua e Literatura (Santiago, 2000), XVII Festa das Letras da A. C. Monte Branco (2000), Congreso Manuel Murguía (2000), II Congreso de Profesores de Lingua e Literatura Galegas (A Coruña, 2000), II Xornadas sobre o Camiño a Fisterra-Muxía (Fisterra, 2001), I Encontro de Escritores Galegos (A Coruña, 2002), Coloquio-Homenaxe Xosé Lois García (Chantada, 2005), I Encontro de Dramaturgos Galegos (Aula de Teatro da USC, Compostela, 2006), XVI Xornadas de Lingua e Literatura (ASPG/CIG ensino, Compostela, 2006), Homenaxe a Lois Pereiro (A. C. Alexandre Bóveda, A Coruña, 2007), I Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez (2008), “Homenaxe poética ao pintor Luís Caruncho (A Coruña, 2011), “A Competencia literaria” (A Coruña, CFR, 2012), Homenaxe a Avilés de Taramancos (A. C. Alexandre Bóveda, 2012) etc...