Enrique César López Veiga


Categoría: Biólogo e político
Data de Nacemento: Febreiro de 1947
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago e licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de África do Sur. A súa actividade profesional estivo sempre vinculada ós asuntos pesqueiros e, así, entre 1972 e 1978, foi investigador en Oceanografía, Ecoloxía e Bioloxía Mariña do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo. E en 1978 pasa a ocupa-lo posto de secretario técnico da Sociedade Cooperativa de Armaduras de Buques de Pesca do Porto de Vigo, da que chega a ser director-xerente en 1982. En agosto de 1987, e por oposición, inicia a súa estancia europea na Dirección Xeral de Pesca da CE, na Dirección de Mercados e Recursos Externos e como xefe de división de Estructuras da Pesca. Abandona Europa en 1990 para facerse cargo durante tres anos da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, para logo retornar á CE como xefe de división na Dirección Xeral de Política de Competencia. En 1997 foi nomeado xefe do gabinete do presidente do Parlamento Europeo, José María Gil-Robles, pero en setembro de 2001 decide regresar ó fronte da Consellería de Pesca (ata 2005). A súa militancia política pasou en 1978 polo Partido Galeguista, para exercer de presidente do PP español en Bélxica entre 1998 e 2001.

 Outros datos de interese

Está casado e é pai de catro fillos.