FORMACIÓN
-Técnico superior en Fotografía Artística, Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, Santiago de Compostela (1998).
-Curso de fotografía con Tino Martínez, Santiago (1995).
-Curso de iluminación en estudio, fotografía industrial, con Luís Carré.
-Escola de Imaxe e Son de Galicia, A Coruña (1995).
-Curso de retrato fotográfico con Alberto García Alix (Premio Nacional de Fotografía, 1999), Escola de Imaxe e Son de Galicia, A Coruña (1996).
-Curso “Reportaxe actual” con Riky Dávila, Escola de Imaxe e Son de Galicia (1997).
-Taller de fotografía creativa con Cris Steal Perkins (Axencia Magnun), enmarcado no II Premio de Creación Fotográfica "Luís Ksado”, Deputación da Coruña (1998).
-Curso "A fotografía e a viaxe", VIII Fotobienal - Vigo 98. Universidade de Vigo, Concello de Vigo (1998).
-Seminario "A fotografía como memoria histórica", Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela (1998).
-Taller artístico "O retrato fotográfico", impartido polo artista Humberto Rivas, Centro Galego de Arte Contemporánea (1998).
-Curso "A fotografía entre o encargo e a creación", impartido por Luís de Las Alas, Escola de Imaxe e Son de Galicia (1999).
-Taller de fotografía creativa, dentro do III Premio de Creación Fotográfica "Luís Ksado", impartido por Stuart Franklin, no Pazo de Mariñán da Deputación da Coruña (1999).
-Taller de fotografía, edición e interpretación do traballo. Bolseiro pola Universidade Rey Juan Carlos. Impartido por Cristina García Rodero en Aguadulce, Almería (2001).
PREMIOS, EXPOSICIÓNS, PUBLICACIÓNS
-Segundo premio do concurso fotográfico, organizado dentro da Campaña Europea contra o Racismo, a Xenofobia, o Antisemitismo e a Intolerancia. Consellería de Familia Muller e Xuventude (novembro de 1995).
-Exposición de fotografía etnográfica-documental "Marisqueo en Carril", Concello de Negreira, Aula de Cultura (1995).
-Libro-Catálogo da exposición, "Somos Diferentes, Somos Iguais", organizada pola Dirección Xeral de Xuventude - Xunta de Galicia. Exposición itinerante.
-1° premio de fotografía "Infancia e Solidariedade", organizado polo Vicerreitorado de Estudantes, Universidade de Santiago de Compostela. Exposición das obras seleccionadas, Pazo de Fonseca (1996).
-Exposición de fotografías "Labregos do Mar", organizada polo Concello de Vilagarcía (1997).
-Dúas obras seleccionadas no II Premio Internacional de Fotografía Humanitaria "Luís Valtueña", organizado pola ONG “Médicos del Mundo”. Exposición itinerante e libro - catálogo da exposición (1998).
-Libro de fotografías "Sáhara no Corazón", conxuntamente con Xosé Abad e Xosé Garrido, patrocinado polos Concellos de Arteixo e Culleredo (1998).
-Exposición de fotografías dos Campamentos de Refuxiados Saharauís en Alxeria, organizada polo Concello de Culleredo, Aula de Cultura (1998).
-Libro de fotografías da memoria das obras seleccionadas nos premios de fotografía humanitaria "Luís Valtueña", “Médicos del Mundo” (1999).
-Exposición de fotografías do Campamentos de Refuxiados Saharauís en Tinduf, Centro Sociocultural de Vite (Santiago de Compostela).
-Participación como conferenciante en diferentes institutos e colexios de Galicia, expoñendo mediante a proxección de diapositivas a realidade do pobo saharauí no exilio forzoso dos campamentos de Tinduf.
-Finalista do III Premio de Creación Fotográfica "Luís Ksado" da Deputación da Coruña, con un traballo sobre a drogadicción. Exposición itinerante e publicación de catálogo das obras seleccionadas (1999).
-Obra seleccionada para a XIX Fotobienal Concello de Vigo (2000), exposición colectiva “Terras Esgazadas” dentro do programa “A Outra Metade” e publicación de catálogo.
-Exposición itinerante de fotografía sobre o desastre ecolóxico do Prestige, Centros Socioculturais de Santiago de Compostela (2004).
-Exposición do traballo fotográfico sobre a violencia de xénero na Galería de Arte Sargadelos en Santiago de Compostela auspiciada pola Concellería da Muller de Santiago de Compostela. Publicación do libro ‘A Vida’ acompañado da poesía de Lupe Gómez (decembro 2005).
Javier Iglesias traballou como fotógrafo Free Lance para a revista “Profesionais da Educación” (1995-2000), Anuario do Concello de Culleredo (1998), La Voz de Galicia, El Correo Gallego, “Edigal” Edicións discográficas Galegas, Edicións do Cumio, Escola Superior de Hostelería de Galicia, Asociación Galega de Axuda ó Sahara, periódico semanal “O Norte”; traballo técnico (1994-1996), periódico “Compostelán” (desde novembro de 2000 ata xaneiro de 2002) e a revista “Peluquerías”.
Impartiu cursos de fotografía e de photoshop no Centro Sociocultural de Vite (1998-2000), así como no centro veciñal San Lourenzo de Santiago.
Coordinou o obradoiro de fotografía impartido na Escola de Imaxe e Son de Galicia por Luís de Las Alas (1999).
Recentemente traballou como fotógrafo durante un ano en Irlanda e impartiu ao mesmo tempo clases de fotografía e Photoshop no Instituto Tecnolóxico de Dundalk como actividade fora do programa aos estudantes e profesores.