Juan Carlos Fernández Pulpeiro


Categoría: Técnico de protocolo y relaciones públicas
Data de Nacemento: 3 de xaneiro de 1956
Lugar de Nacemento: Foz (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Ciencias da Información (rama de xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid e técnico superior de administración pública. Desempeñou distintos cargos no Instituto Oficial de RTV de Madrid, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e no Centro Rexional de TVE en Santiago. Actualmente é xefe do Servicio de Cultura, Prensa e Comunicación e xefe do Gabinete de Protocolo e Relacións Públicas da Deputación de Lugo e presidente de ACO (Asociación de Técnicos de Protocolo da provincia de Lugo). É membro fundador da Asociación de Técnicos en Protocolo e Relacións Públicas e Institucionais de Galicia, relator e participante en cursos de Protocolo e Relacións Públicas, escritor e director de varias revistas de ámbito provincial ("Lucus Lucus" e "Palacio do Rei"). Foi profesor da Escola Superior de Perfeccionamento dos Funcionarios da Administración Autónoma de Galicia e profesor do I e II Curso de Producción e Realización de Vídeo (INEM/Deputación de Lugo). É director, realizador de cine e televisión e colaborador en medios de comunicación de ámbito rexional galego.

 Obras realizadas

Entre as súas obras destacan: Apuntes para la Historia de la prensa en Galicia en el siglo XIX; Lugo y su provincia; Foz, guía de interés general; Burela, guía turística e Xove, guía de interés general, ademais de varios documentais.

 Outros datos de interese

As súas afeccións son o cine e a bicicleta de montaña.