José Mª Fernández Colmeiro


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 21 de setembro de 1898 (†10 de xuño de 1959)
Lugar de Nacemento: Silleda (Pontevedra)
 Currículum

En 1912 emigrou a Montevideo, onde comezou a traballar como dependente de almacén, ó mesmo tempo que estudiaba Medicina, graduándose en 1928. Exerceu de médico en Montevideo ata 1936 e unha vez en España revalidou o seu título. En 1938 entrou a traballar na Foundation Curie de París e pouco despois dedicouse á investigación e terapéutica do cancro no Instituto de Radium da Universidade de París.

 Obras realizadas

Deu numerosos cursos e conferencias en distintos lugares de América.

 Outros datos de interese

Recibiu o Premio Chevillon da Academia Nacional Francesa de Medicina (1952) polos seus traballos sobre o tratamento do cancro polos raios X. En 1956 foi relator no Congreso de Radioloxía de México e posteriormente acudiu a Arxentina, invitado para dar conferencias ante o XXVII Congreso Nacional de Cirurxía.