Máis coñecido como "Buciños", debido a que naceu no pobo que leva este nome, é un afamado escultor galego que estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando, onde se licenciou en 1962, e desde os años 60 ou 61 xa viña traballando con Pablo Serrano, quen foi membro do grupo El Paso. Retornou a Galicia e desde 1963 reside en Ourense. A súa obra é neoclasicista e expresionista, profundamente popular e enraizada con Galicia e a súa problemática.
Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas, obtendo diversos premios como o Premio da Escola de Belas Artes (1958), Premio Deputación de Tarragona na Exposición Nacional en 1961, tres premios do Concello de Santiago (1970-73-75) e medallas de bronce, prata e ouro en tres Bienais de Pontevedra.