José Luis Miguélez López


Pseudónimo:Pilís
Categoría: Colombicultor
Data de Nacemento: 12 de marzo de 1948
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Herdou a afección ás pombas do seu pai, cando naceu xa había pombas na súa casa. Os 15 anos, da man de Vicente Lozano, precursor da colombicultura en Galicia, iniciouse no deporte da columbicutura e desde entón está metido nese mundo. Tivo todo tipo de pombas: mensaxeiras, campeiras, de fantasía, deportivas. Na actualidade quedouse coas deportivas, que son as que máis lle gustan. No aspecto deportivo gañou numerosos concursos entre eles o Campionato Provincial de Ourense e o Campionato Galego. Participou en numerosos campionatos de España e internacionais.

 Obras realizadas

Desde os anos sesenta traballa por este deporte. Forma parte da directiva de varias sociedades, chegando a presidir a "Imperial". Na actualidade é presidente da Federación Galega, que consta de sete sociedades e tamén forma parte da Asemblea da Federación Española de Colombicultura, que ten a súa sede en Valencia.