Manuel Pardo de Vera y Díaz


Data de Nacemento: 21 de xaneiro de 1948
Lugar de Nacemento: Becerreá (Lugo)
 Currículum

É oriundo da Casa de Ribas, na parroquia de San Pedro de Cadoalla, casa solar da familia dende o século XVI. Casou en 1980, en Lugo, con María Teresa García Arias, coa que tivo sete fillos.

Cursou os seus estudios de primaria e bacharelato en Lugo, en Santiago de Compostela, no Colexio de la Salle, e en Madrid, no colexio do Pilar. Na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Politécnica de Madrid obtivo o título de Enxeñeiro Industrial. É Máster en Dirección e Administración de Empresas (MBA) polo Instituto de Empresa e Máster en Dereito Nobiliario e Premial, Heráldica y Xenealoxía pola UNED e diplomado en Estudos Avanzados pola Facultade de Dereito da UNED, entre outros títulos académicos.

 Obras realizadas

Terminados os seus estudios universitarios, e despois de realizar o servizo militar como alférez da escala de complemento, en Valencia en 1973, comezou a súa carreira profesional en Murcia como enxeñeiro encargado da elaboración do PLANER (Plan Nacional de Electrificación Rural) na mesma provincia.

En 1976 ingresa en FENOSA como Enxeñeiro xefe de Planificación e Obras das provincias de Ourense e Lugo. Dende 1979 a 1987 desempeñou o cargo de Vicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e Vicepresidente da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia. En 1987 é nomeado Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia e Presidente do Consello de Administración da Sociedade de Información Tecnolóxica e Empresarial de Galicia, S.A. e forma parte da Comisión de seguimento do Plan de Reconversión Naval, representando á Administración galega.

En 1990 trasládase a Madrid onde é nomeado Xefe de Explotación de Redes de Distribución de UNIÓN FENOSA. Na patronal do sector, UNESA, ocupa diferentes postos e preside comisións de traballo. Como experto no sistema eléctrico desenvolve diversos traballos de mellora da xestión operativa en empresas de distribución de enerxía eléctrica de Chile e Brasil. O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia designao Vocal do Consello Superior de Enxeñeiros Industriais de España e membro do Patronato do Instituto Tecnolóxico de Galicia. En UNIÓN FENOSA ocupa distintos cargos e en 2005 é nomeado Director Adxunto de UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A., cargo no que se xubilou en 2013.

Manuel Pardo de Vera y Díaz pertence a unha antiga linaxe fidalga de Galicia e como tal é: presidente da Real Asociación Fidalgos de España (www.hidalgosdeespana.es), Presidente da Fundación Cultural Fidalgos de España, Cabaleiro da Orde do Santo Sepulcro de Xerusalén, Cabaleiro “jure sanguinis” da Sagrada e Militar Orde Constantiniana de San Jorge, Gobernador da Real Hermandade de Infanzones de Illescas, Cabaleiro do Real, Ilustre e Primitivo Capítulo Noble da Merced, Membro da Divisa, Solar e Casa Real da Piscina, cabaleiro da 'Real Hermandad de San Fernando', fiscal do Corpo da Nobleza do Antigo Reino de Galicia e 'Gran Cruz de la Real Orden de San Miguel del Ala'. É membro da Real e Serenísima Orden da Alquitara.

É académico titular da Academia Internacional de Xenealoxía, vicepresidente da Confederación Internacional de Xenealoxía e Heráldica, vicepresidente do Instituto Internacional de Xenealoxía e Heráldica, académico correspondente da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía, académico correspondente da Academia de Letras e Artes de Portugal, conselleiro correspondente da Sociedade Toledana de Estudios Heráldicos e Xenealóxicos. Membro do Ateneo de Ilugo e membro da Academia de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.

Dirixiu os traballos correspondentes aos Convenios de colaboración suscritos pola Real Asociación de Fidalgos de España co Goberno de Aragón e polo Instituto Español de Estudos Nobiliarios coa Deputación Provincial de Zaragoza, froito dos cales son as publicacións Procesos de Infanzonía da Real Audiencia de Aragón que se conservan no Arquivo Histórico Provincial de Zaragoza e os Procesos de Habilitación de Infanzóns para acceder aos oficios da Deputación do Reino de Aragón que se conservan no Arquivo da Deputación de Zaragoza. Agora está dirixido a extracción dos Procesos de Hidalguía que se conservan no Arquivo Real e Xeral de Navarra, traballo do que se publicaron cinco tomos, e os extractos dos expedientes de cabaleiros da Orde Militar de Santiago, que se conservan no Arquivo Histórico Nacional.

É profesor do Máster de Dereito Nobiliario e Premial, Xenealoxía e Heráldica, da Universidade Nacional de Educación a Distancia. É director e profesor de nobiliaria e emblemas heráldicos do Curso da Escola de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria, da Fundación Cultural Hidalgos de España.

Participou como profesor invitado nos cursos de Máster, Experto e Especialista da UNED, tratando o tema da fidalguía e a heráldica en España.

É autor dos emblemas heráldicos dos asociados da Real Asociación de Fidalgos de España que se publican na revista La Gacetilla de Fidalgos e dos Títulos do Reino de España incluídos na edición do ELENCO.

En dita revista publicou diversos artigos relacionados coa nobleza en España.

Foille outorgado o Premio Lazslo Bohus de Villagos 2014, da Confederación Internacional de Heráldica e Xenealoxía, e o Premio Nacional de Investigación “Francisco Martínez Marina” 2021, dado pola Fundación Xeral da Universidade Nacional de Educación a Distancia pola tese doutoral “Los procesos de infanzonía en el Reino de Aragón. Consideraciones nobiliarias y análisis de los emblemas heráldicos”.

Foi presidente e membro dos Comités de Honra e Científicos de distintos congresos nacionais e internacionais sobre a nobreza, a xenealoxía e a heráldica, nos que presentou distintas ponencias sobre estas materias.

É membro do Comité de Redacción da revista “Hidalguía”, e membro do Consello Asesor da revista “Estudios Nobiliarios y Emblemáticos”, da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealogía

Foille outorgada a Gran Cruz da Orde do Mérito da Casa Real de Portugal e a Cruz de Ouro ó Mérito da Real Compañía da Beata María Cristina de Saboya, raíña das Dúas Sicilias.