José Luis Baltar Pumar


Categoría: Ex-Presidente da Deputación Provincial de Ourense
Data de Nacemento: 10 de outubro de 1940
Lugar de Nacemento: Esgos (Ourense)
 Currículum

Casado e con dous fillos, Baltar Pumar é mestre de profesión.

 Obras realizadas

Foi alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín desde 1976 ata as eleccións de maio de 1995, nas que se presentou dentro da candidatura da cidade de Ourense. En Nogueira de Ramuín gañou por maioría absoluta tódalas eleccións celebradas neste municipio.

Membro fundador de Centristas de Galicia, partido integrado posteriormente no Partido Popular, José Luis Baltar foi deputado provincial nas lexislaturas de 1983, 1987, 1991 e 1995. O 20 de xaneiro de 1990 foi elixido Presidente da Deputación de Ourense. José Luis Baltar foi reelixido presidente da Deputación despois das eleccións municipais de maio de 1991 e de novo renovou mandato tralos comicios de 1995, dispoñendo do apoio de 17 dos 25 deputados que conforman a Corporación provincial. O mesmo ocorreu en 1999 e 2003, sempre con maioría absoluta.

Desde a integración de Centristas de Galicia no Partido Popular, José Luis Baltar presidiu, primeiro, a xunta xestora creada ó respecto e foi elixido presidente provincial do PP en 1992, cargo no que foi renovado sucesivamente, ata a actualidade. É membro da Executiva Rexional do Partido Popular de Galicia e forma parte da Comisión Permanente do Partido Popular español e da súa Xunta Directiva Nacional. Tamén foi Senador (o máis votado en toda a historia electoral da provincia de Ourense no seu momento) e concelleiro do Concello da capital, onde levou ó Partido Popular a conseguir a primeira maioría absoluta desde a implantación da democracia no noso país.

Volveu formar parte da candidatura do PP ó Concello de Ourense nas pasadas eleccións municipais de xuño de 1999 e 2003, repetindo maioría absoluta e volvendo ser reelixido presidente da Deputación Provincial, onde o seu grupo tiña 16 dos 25 deputados. Novas vitorias nas municipais de 2007 e 2011 converterono no máis veterano dos presidentes das deputacións galegas, ata a súa retirada a inicios de 2012.

 Outros datos de interese

Está considerado un permanente reivindicador para a provincia de Ourense. Home apegado á súa familia, é gran afeccionado ó deporte, especialmente ó fútbol.