É licenciado en Medicina pola USC (1978), especialista en Endocrinoloxía e Nutrición (1982) e doutor en Medicina pola USC (2001). Foi profesor na Escola de Enfermería de Lugo no período 1983-86 e desde 1992 é profesor asociado na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Na actualidade e desde 1991 é xefe do Servizo de Endocrinoloxía en Lugo. É Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo. Dende 2014 é membro da Real Academia de Medicina de Galicia.
Colabora en traballos científicos e presentacións a congresos, así como en charlas e relatorios a médicos e Educación Sanitaria.
É socio da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición e socio fundador da Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición.