José Ignacio Fernández de Viana y Vieites


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 11 de xuño de 1942
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 958810914
 Currículum

É licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela (sobresaliente e premio extraordinario) en 1965 e doutor en Filosofía y Letras (sección de Historia) pola Universidade de Santiago (sobresaliente) en 1971. Traballou como profesor axudante, adxunto, agregado e catedrático numerario nas universidades de Santiago, Oviedo e Granada (onde traballa desde 1979).

 Obras realizadas

Foi o director do grupo de investigación da Universidade de Granada "Edición e estudio de fontes escritas das Idades Media e Moderna" (desde 1990) e publicou os seguintes libros: La colección diplomática del monasterio de Santa María de Penamayor (Santiago, 1971), Estudio piloto previo e proposta de rehabilitación integral do mosteiro de Penamaior e o seu entorno (Pontevedra, 1989), Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (Granada, 1991), Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón (Lugo, 1994), El tumbillo de San Bieito do Campo (Santiago) (Granada, 1995), El monasterio de San Juan de Caaveiro (A Coruña, 1999), Monasticón cisterciense gallego (León, 2000) e San Salvador de Celanova (León, 2001). Escribiu multitude de traballos científicos e artigos na Gran Enciclopedia Gallega e en moitas revistas. Realizou comunicacións e relatorios para congresos, impartiu cursos e seminarios, e dirixiu teses de doutoramento e de grao.