Comeza estudios musicais como neno de coro na catedral mindoniense. Con trece anos imparte clases de solfexo na capela catedralicia e posteriormente de armonía. Desa época é a súa primeira composición, un Septenario a la Virgen de los Dolores.En 1864 trasládase á Coruña, onde o cabido da Colexiata o admite como organista. En 1865 é nomeado vicepresidente da Sección de Música da Sociedade Fraternidade Xuvenil. En 1878 abandona o Orfeón Brigantino e funda o Orfeón Coruñés. No certame literario e musical convocado pola Sociedade dos Xogos Florais de Pontevedra presentou co Orfeón Brigantino a pieza titulada Alborada Gallega, coñecida como Alborada de Veiga.En 1882 crea El Nuevo Orfeón, que pouco despois se lchamaría El Eco.Pascual Veiga invitou en 1889 a Xoan Montes a crear conxuntamente un himno de Galicia. Para iso escribiu a Eduardo Pondal, que lle enviou as estrofas ás que el lle poñería música. Así, a composición estaría formada polas nove primeiras estrofas do poema Os Pinos.En 1896 trasládase a Madrid ó ser nomeado profesor do Conservatorio Nacional de Música. Ó ano seguinte dirixe o Orfeón Matritense e o Orfeón do Centro Galego en Madrid.
Parte da súa producción religiosa é do ano 1875. Destacan pezas como Misa de Réquiem (a catro voces e órgano), Te Deum (a tres voces e órgano) e numerosas panxoliñas.En 1877 obtén co Orfeón Brigantino o primeiro premio de interpretación nun certame coa obra El Amanecer. Pascual Veiga puxo música ás obras do seu amigo Francisco Mª de la Iglesia como Gallegos. ¡A nosa terra! Escena coral en verso e nun auto escrita para o Orfeón Brigantino da Cruña, 1879 ; Os Artabros. Escena orfeónica e As Artes.Co Orfeón El Eco gañou varios certames en Pontevedra, A Coruña e Vigo, interpretando composicións como El Canto de los amigos, Bonna Paravola, A Rosa, No me olvides, Alborada y Muiñeira, La Barcarola, A fonte do xuramento.O Orfeón Coruñés actuou en diferentes festas e acontecementos interpretando composicións como La hora del crepúsculo, La Escala, Una noche en Nápoles, Recuerdo a Mr Percire, Os Artabros, La Escala, Alborada Gallega, Marsellesa, Tainanina..Ademais de tódalas obras citadas, Pascual Veiga foi o autor das melodías Lazos de amor, A última queixa, Unha foliada, Alborada nº 2 e El canto del pescador.