José Carlos Ulloa García


Categoría: Mestre e Escritor
Data de Nacemento: 7 de Xaneiro de 1967
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Nacido na cidade de Lugo en 1967, ainda que as súas raíces están nunha pequena aldea de Taboada (Lugo).

Profesor de Primaria e Secundaria (dende o ano 1990) coa especialidade en Filoloxía.

Mediador con menores no ámbito educativo.

 Obras realizadas

Publicacións poéticas:

O 10 de novembro do 2005 saiu á luz o seu primeiro libro de poesía que leva por título: “El Embrujo y la Musa” (Alvarellos Editora). O 15 de maio do 2014 (Lugo) e o 28 de maio (A Coruña) presentou o seu segundo libro de poesía: “A Deusa das margaridas murchas” (Andavira Editora). O 15 de maio do 2017 saiu a reedición do seu primeiro libro de poemas. “El Embrujo y la Musa” (Andavira Editora) coas ilustracións en color e cinco poemas novos. En 2021 editou o seu terceiro poemario, o primeiro bilingüe (castelán-galego), que leva por título “Anárquicas arritmias” (Editorial Punto Rojo).

 

Publicacións conxuntas (libros colectivos):

Sueños Secretos: Madrid (agosto, 2005). Colaborador na revista do Centro Galego de Bos Aires (2010-2016). Roteiros das Artes: Taboada-Lugo (abril, 2016); Sarria-Lugo (maio, 2016); Chantada-Lugo (xuño, 2016); Antoloxía (agosto, 2016). Roteiros das Artes Internacional: Galicia-Moçambique: Numa linguagem e numa sinfonía (setembro, 2016); Galiza-Nicaragua: Morriña entre lagos e volcanes (novembro 2016); Cabo Verde-Galiza: Abraço poético (novembro 2016); Angola-Galiza: Sementes da lingua (febreiro 2017); Galiza-Ucrania: Harmonía de corazóns (marzo 2017); Galiza-Perú: Libérrimo Austral (abril 2017). Poemas Pendurados De Farolas (xaneiro 2018, 2021, 2022). PortuGalicidades: Poesía en galego e portugués (febreiro 2018). Folleto poético: Poesía en femenino (marzo 2018). POEMáN: Día da poesía feita a man (marzo 2018). Colectánea de Poesía Luso-Galaica (setembro 2018), (setembro 2022). O Cancro: EL, EU E NÓS. De escena en escena (outubro 2018). Micropoesía da Chaira: Vilariñas 2018, 2019, 2020. Revista Xistral: Revista Lucense de creación poética, Nº20: (2017); Nº21 (2019), Nº22 (2020), Nº23 (2021), Nº24 (2022). NPGaZeta nº0 (2019); nº1 (2020); nº2 (2021). Colectánea Raia Luso-Espanhola (2020). “Poetas na cociña” (2020, 2021, 2022). Nós, a Xente do Redor nº3 (marzo 2021), nº5 (outubro 2021), nº7 (xaneiro 2022) Grito de mujer (marzo 2021). Sexipoética de Almuñecar (xuño 2021). Cairón (Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns) nº5 (setembro 2021). Poesía en femenino “Mulleres do rural” Concello de San Sadurniño (setembro 2021). “Amor en carne viva” (2021). Poetas do Reencontro; nº1 (2019), Nº2 (2021).

 

Prólogos: “Lendas e Berce de versos” de Emilia Martínez Fuentes (febreiro 2019).

Presentacións de libros: “Parque de atracciones” de Sonia Arias López (2017). “Campos de batalla” de Sonia Arias López (2018). “Poesía eucarística” de Lucense Eucharisticum Centrum (2018). “Lendas e Berce de versos” de Emilia Martínez Fuentes (2019). “Manchas de frío” de Sonia Arias López (2019). Poetas do Reencontro, poetas galegos e portugueses (2019).

Xurados: Poesía eucarística (Diócesis de Lugo) (do 2014 á actualidade, 2019). XIII Certame Literario "Terras de Chamoso".

 Outros datos de interese

Membro fundador da Irmandade Poética e Artística Galaico-Lusa.

Vocal da “Asociación Cultural Caldaloba”.

Presentador de actos literarios en centros docentes.