Rafael Dieste


Categoría: Escritor, activista político
Data de Nacemento: 29 de xaneiro de 1899 (†15 de outubro de 1981)
Lugar de Nacemento: Rianxo (A Coruña)
 Currículum

Antes de face-lo servicio militar viaxa a México e A Habana. Cando volve a Galicia colabora con Faro de Vigo e é creador e xefe de equipo do teatro de títeres Las Misiones Pedagógicas. En 1934 casa con Carmen Muñoz e ó ano seguinte viaxa a Francia, Bélxica, Holanda e Italia para estudia-los problemas literarios e escénicos do teatro. En 1937 dirixe o Teatro Español de Madrid. Ó ano seguinte alístase voluntariamente ó Exército da República e é internado en Francia no campo de concentración de San Cyprién sendo liberado gracias a varios amigos franceses. Sempre foi un escritor comprometido contra a dictadura de Franco. En 1970 é elixido membro da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso titulouse A vontade de estilo na fala popular.

 Obras realizadas

Antes da guerra Rafael Dieste escribe en galego destacando fundamentalmente as súas obras Dos arquivos do trasno (1926) e A fiestra valdeira (1927). Despois da guerra escribiu tamén en castelán publicando obras como Viaje y fin de Don Frontán (1930), Quebranto de doña Luperia y otras farsas, Nuevo retablo de las maravillas, etc. Entre as súas últimas produccións literarias destacan Viaje, duelo y perdición: tragedia, humorada y comedia, Entre a terra e o ceo e El alma y el espejo.

 Outros datos de interese

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1995.