Comeza no mundo da gaita no ano 1976, sendo alumno de Manuel Jamardo, director do grupo Os Encantiños do Umia.
Do ano 1981 ao 1985 forma parte do cadro de gaitas do grupo santiagués Brincadeira, recén formado por antigos compoñentes da Sección Feminina.
No 1985 funda, con Loli Bravo e Cándido Meixide, o grupo Pallamallada, no que permañece durante nove anos. De 1989 a 1994 dirixe a sección de gaitas da agrupación santiaguesa Cantigas e Agarimos.
No 1995 funda, xunto con Xan Martínez, Os Terribles de Arousa, grupo de gaitas e música tradicional.
Coa discográfica madrileña TecnoSaga, especializada en gravacións de temas do folclore español ao traverso de traballos de campo, dirixe as dúas campañas feitas en Galicia (1985 e 1988) que deron como resultado os discos que levan por título Derradeira polavila, Cicro do ano e Os ritmos bailables.
Coa mesma discográfica participou na elaboración da maior recompilación sonora de romances feita ata a actualidade en España, editada en seis volumes baixo o título “El romancero Panhispánico”, así como na colección “La tradición musical en España” ambos premiados polo Ministerio de Cultura.
Foi director da revista A Grileira, editada pola Asociación de gaiteiros de Santiago. É autor de multitude de articulos sobre folclore e costumbrismo galego.
Na actualidade ten no prelo o libro: “Os instrumentos tradicionais na lírica popular galega”.
OBRAS EDITADAS
1985. Dirección e gravación do disco de recolleita DERRADEIRA POLAVILA, coa editorial madrileña TecnoSaga.
1987. Dirección e gravación dos discos de recolleita OS RITMOS BAILABLES e O CICLO DO ANO, co selo TecnoSaga.
1988. Gravación do disco POR QUÉ NON HEI DE CANTARE, co grupo de música tradicional PALLA MALLADA, do que foi fundador e co que obtivo nese mesmo ano o premio nacional do Ministerio de Xuventude ao mellor grupo de música tradicional. Selo TecnoSaga.
1992. Director da revista A GRILEIRA, duirante cinco anos, editada pola Asociación de gaiteiros de Santiago e comarca.
1993. Gravación do disco NA SEITURA DO BARROSO, co grupo Palla Mallada, baixo o selo de Edicións do Cumio.
1995. Gravación do disco CALOEIRIÑA DAS BOUZAS, co grupo Palla Mallada e selo Edicións do Cumio.
1995/6. Colaboracións con EL CORREO GALLEGO.
1997-2005. Gravación dos discos OS TERRIBLES, NO RAMO DE HERBÓN, OS ENCANTIÑOS e NO TOLDO DE SAN CIBRÁN, nos anos 1997, 2000, 2002 e 2005, respectivamente. Todos co selo de Cumio.
2005. Publicación do libro multimedia GAITEIROS DE AROUSA E SALNÉS: OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA, en colaboura con Paulo Nogueira e Héctor Silveiro. Edicións do Cumio.
2006. Publicación do libro A FESTA DOS MAIOS NO CONCELLO DE VILAGARCÍA, editado polo concello de Vilagarcía.
2006. Autor do libreto do disco Multi-media titulado O KIKIRIKI, patrocinado pola Xunta de Galicia e especialmente dirixido a escolantes, sobre o tema do Nadal Galego.
2007. Publicación do libro FESTAS, LENDAS E TRADICIÓNS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA. editado polo concello de Vilagarcía.
2013. Gravación do disco O CAMIÑO DO CARRO, con Os Terribles de Arousa.
2011. Colaboración no libro CANCIONEIRO DE CABANA DE BERGANTIÑOS, con VVAA
2016. Gravacion do disco O CAMIÑO DO CARRO, con Os Terribles de Arousa, con motivo do centenario da unificación do Concello de Vialagarcía de Arousa.
2016. Gravación do disco BARRABÁS, con Os Terribles de Arousa.
2017. Publicación do libro multi-media "Manuel López López, o gaiteiro do Poso", en colaboura con Sergio Cobos e Iván Costa. Ed. Central Folque.
2017. Publicación en formato dixital do libro 'A festa dos maios no Concello de Vilagarcía' en colaboura co "Faiado da Memoria". De libre descarga.
2018. Publicación en formato dixital do libro "Fuches e non viches nada" editado polo "Faiado da Memoria", de libre descarga.
2018. Publicación do libro 'Trucalpedre', Trompos ao camiño, en colaboración con J. A. Prego Carregal. Ed. "O Faiado da Memoria".
2019. Publicación do libro 'O Xogo do Pau en Galicia', en colaboura con Isidro Piñeiro Cajaraville. Editorial 'O Faiado da Memoria' e patrocinado pola Deputación de Pontevedra.
2019. Publicación do libro A CANTIGA DESHONESTA. Editorial 'O Faiado da Memoria'.
2020. Realización do disco AUGHASMORTAS, do artista Joel Padín
2020. Publicación do libro OS ENCANTIÑOS DO UMIA. Coa gaita ao carrelo 1947-2015. Editorial 'O Faiado da Memoria'.
2023. Publicación do libro QUE VÉN O COCO. Bestiario de Vilagarcía. Sacauntos.
2023. Publicación do libro A FARSA DO CARRIL (unha danza de espadas histórica), en colaboura con Cristian Silva Bóveda. Ed. Concello de Vilagarcia.
2023. Publicación do libro LÚCULO EN VILAGARCÍA. (Receitario gastronómico de Vilagarcía de Arousa). Ed. O Faiado da Memoria.