Sergio Sánchez Dacoba


Data de Nacemento: En 1950
Lugar de Nacemento: A Coruña

   Cultura
 Currículum

Por razóns persoais trasládase a Ourense, onde continua a súa labor artística, cursa estudos de pintura e debuxo na Escola de Artes Aplicadas. Seguidamente regresa á súa cidade natal onde comeza a súa andadura artística tratando tódolos temas e técnicas (paisaxe, retrato, mariña, bodegón...), centrándose preferentemente en paisaxes urbanos e rurais máis emblemáticos de Galicia, sen abandonar por elo os motivos pictóricos tradicionais da xeografía galega, que plasma cun realismo cálido e imprimindo ós seus cadros lirismo e sensibilidade que lle permite chegar de xeito directo ó espectador da súa obra.
É membro da Asociación de Artistas Plásticos Internacionais, membro da Asociación de Artistas da Coruña e socio da Asociación Galega de Arte e Cultura.
 

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
-2008: Exposición en Amigos de Museos de Galicia.
-2007: Exposición en Portas Ártabras (A Coruña) e Exposición en Asociación de Artistas (A Coruña).
-2006: Exposición na Galería José Lorenzo de Santiago de Compostela.
-2004: Exposición na Asociación de Artistas (A Coruña).
-2003: Exposición USA CENTER.
-2001: Exposición na Asociación de Artistas (A Coruña), exposición na Sala Winterthur e no Centro Galego de Madrid.
-1999: Exposición no Club Financeiro de Vigo.
-1998: Exposición na Asociación de Artistas (A Coruña) e exposición na Sala Cultural do Sporting Club Casino.
-1995: Exposición en Hércules Coruñés.
-1994: Exposición na Sala Obelisco (A Coruña).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
-2010: Ars in Itinere, Lisboa (Portugal), Ars in Itinere, París (Francia), Galería Esart (Barcelona) e XI Salón Internacional de Inverno (Barcelona).
-2009: Show Art Internacional Exposición no Museo Roca, Bos Aires (Arxentina).
-2000: Exposición da Asociación de Artistas (A Coruña) e 3ª Bienal Salón de Outono da Real Academia de Belas Artes.
-1998: 2ª Bienal Salón de Outono da Real Academia de Belas Artes.
-1997: Exposición da Asociación de Artistas (A Coruña).
-1996: Exposición da Asociación de Artistas e 1ª Bienal Salón de Outono da Real Academia Galega de Belas Artes.
 

 Outros datos de interese

PREMIOS
-2009: Mención de Honra pola calidade artística da súa obra polo Show Art Internacional Museo Roca de Bos Aires (Arxentina).
-2010: Premio de honra no XI Salón Internacional de Inverno, concedido pola Academia Internazionale “Greci-Merino“.
 
BIBLIOGRAFÍA -Ilustracións e comentarios en La Voz de Galicia, La Opinión, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Revista Gal Art.
-Libro “Arte y Libertad III”, Editorial Comuniter S.L., páxs. 98 e 99.
-Libro “Arte y Libertad IV”, Editorial Comuniter S.L., páxs. 149 e 149.
-Libro “Grandes Artistas de hoy”, Ediciones Ecuador.
-'Libro Asociación de Artistas Plásticos Internacionales', Bos Aires (Arxentina).
-Diccionario de Artistas Gal–Art.