José Luis Andújar Matalobos


Pseudónimo:José Matalobos
Categoría: Deseñador gráfico, ilustrador, pintor e artista gráfico dixital
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

En 1992 terminou a especialidade de deseño gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón (Lugo). Entre 1993 e 1999 traballou como ilustrador e infógrafo do xornal El Progreso. Ó mesmo tempo desenvolve unha actividade constante no campo da pintura, realizando exposicións, obradoiros, etc. Entre 1999 e 2001 foi ilustrador e infografista para La Voz de Galicia e prosegue o traballo gráfico de carácter máis persoal para exposicións, encargos, etc… Desde 2001 traballa como artista gráfico independente para La Voz de Galicia, editoriais e axencias de publicidade, realizando actividades diversas relacionadas coa arte gráfica en xeral: Portadas, carteis, story boards, ilustración, etc. Prosigue o labor como pintor e ‘artista tradicional’ combinado co desenvolvemento da arte dixital para Belio Magazine e Pupu Mgz, entre outros. Neste sentido realiza exposicións de deseño gráfico/arte dixital como ‘Energías Renovadas’ celebrada no Conde Duque de Madrid en 2001. Realiza periodicamente tutoriais creativos de Adobe Photoshop para a revista ‘Arte y Diseño’.

 Outros datos de interese

Foi galardoado coa Medalla de bronce nos premios Malofiej 2004 e co Premio á Excelencia nos ‘VI European Newspaper Awards’.