José Antonio Muñiz Álvarez


Data de Nacemento: 18 de agosto de 1883 (†3 de xaneiro de 1956)
Lugar de Nacemento: A Fonsagrada
 Currículum

Os seus primeiros estudios foron na escola do seu pobo. Emigrou a Cuba desde onde regresou a Francia anos máis tarde. Con 40 anos regresou á súa vila natal. Entre 1923-25 agrupou ós veciños do val de Negueira nunhas sociedades agrarias a modo de cooperativas, impulsando a cultura entre os parroquianos, principalmente para que os nenos non quedaran analfabetos. Para tal fin creou varios colexios. Un dos seus maiores logros foi a constitución en concello de seis freguesías que pertencían á Fonsagrada (Ríodeporto, Negueira, Hernes, Ouviaño, Barcela e Marentes), pasando a chamarse Concello Constitucional de Negueira. En 1929 por Real Orden, concédese o cambio de nome de Negueira polo de Negueira de Muñiz. Durante a Guerra Civil foi encarcerado, condenado e as súas propiedades confiscadas.

 Outros datos de interese

Ó saír do cárcere na posguerra casou en 1944 á idade de 61 anos cunha moza de 18. Tiveron tres fillos.