Perito mercantil.
De profesión industrial, rexentou durante máis de tres décadas unha fábrica de elaboración de pensos e venda de materiais de construción, sementes, etc...
Foi membro do equipo de goberno do Concello de O Corgo desde as primeiras eleccións democráticas, e actualmente exerce o cargo político de Alcalde deste Concello, desde o ano 1995.
Está casado, e é pai de tres fillos. A súa afición son os deportes.