Cristina Sánchez Carretero


Categoría: Científica titular do CSIC
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutora en Etnoloxía e Etnografía pola Universidade de Pennsylvania. Dende o ano 2008, é científica titular do CSIC no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

As súas liñas de investigación versan sobre o papel dos rituais e a cultura expresiva nas sociedades contemporáneas; os procesos de patrimonialización e tradicionalización; a intersección entre os procesos migratorios e a revitalización de prácticas relixiosas.

Investigadora principal dos proxectos de investigación do Plan Nacional de I+D "El Archivo del Duelo" (2005-2008), sobre os rituais de duelo en espazos públicos despois dos atentados do 11 de marzo en Madrid; e "Procesos de formacion y cambio del paisaje cultural del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia" (2011-2013), un estudo integral do patrimonio cultural do parque. Coordinadora do nodo CSIC do proxecto "Identity and Conflict. Cultural Heritage and the Reconstruction of Identities After Conflict (CRIC) (2008-2011)" do VII Programa Marco da UE, que ten como obxectivo investigar os usos e instrumentalizacións do patrimonio cultural despois de situacións de conflito; e investigadora principal do proxecto "Procesos de patrimonialización non Camiño de Santiago: tramo Santiago-Fisterra-Muxía" (2009-2012, XUGA).

 Obras realizadas

 
Coordinadora de seis libros de investigación sobre antropoloxía, rituais e prácticas de tradicionalización e autora de 30 artigos publicados en revistas nacionais e internacionais como Anthropology Today, Journal of American Folklore ou RDTP. Entre os libros destacan "Grassroots Memorials. The Politics of Memorializing Traumatic Death" (Oxford: Berghahn, 2011) e "El Archivo del Duelo. Análisis de la respuesta ciudadana ante los atentados del 11 de marzo en Madrid" (Madrid: CSIC, 2011) e, entre os artigos, "Rethinking Ethnology in the Spanish Context" (2008, Ethnologia Europaea), "Memorializing Traumatic Death" (2007, Anthropology Today) e "Santos y Misterios as Channels of Communication in the Diaspora: Afro-Dominican Religious Practices Abroad" (2005, Journal of American Folklore).

 Outros datos de interese