Dora Vázquez Iglesias


Pseudónimo:Dora Vázquez
Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 21 de agosto de 1913 (†23 de setembro de 2010)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Dorinda Remedios, realizou os seus primeiros estudios na Coruña, onde viviu desde os seis ata os trece anos. Con dezasete anos ingresou na Escola de Maxisterio de Ourense e fíxose mestra, exercendo en Teimende, Parada do Sil, Ourense, Larín, Arteixo e A Coruña. Casou co mestre Antonio Rodríguez Vázquez e ten dous fillos, Antonio Alejo e Abelardo. Actualmente é viúva, está xubilada e vive en Ourense.

 Obras realizadas

Desde a súa xuventude sentiu afeccións literarias, comezando a publicar artigos no xornal La Noche en 1948. Ademais, colaborou nos xornais El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Vida Gallega, Vagalume, Arquero, Céltica e Faro de Vigo e nas revistas "El Magisterio Español", "Escuela Española", "Poesía Hispánica" e "Poesía de Venezuela", entre outras. Ademais colaborou nos xornais El Universal, Páginas e Vida y Letras de Caracas (Venezuela). Tamén colaborou no noticiario informativo da rexión galega na emisión radial "Siempre en Galicia" e no boletín da sociedade da "Hermandad Gallega" de Caracas. En Galicia colaborou en "Radio Nacional de España" na Coruña na "Emisión Bazar", 1956-57. A súa obra maior componse de ensaios, contos, novelas e teatro: Palma y Corona (1964), Un poema cada mes (1969), IRMÁ, Poemas de ausencia (1970), Los poetas (con súa irmá Pura, 1971), Bergantina (1971), Tres cadros de teatro galego (1973), Monicreques (con súa irmá Pura, 1974), Oriolos neneiros (con súa irmá Pura, 1975), Campo e mar aberto (1975), Augas soltas (con súa irmá Pura, 1978), Cascabel, o cabaliño do circo 1976), Ronseles (con súa irmá Pura, 1980), Fantasías infantiles (con súa irmá Pura, 1980), Viaxe ó país dos contos e da poesía (con súa irmá Pura, 1985), Oración junto al camino (1985), A xeito de antoloxía (1992), Mulleres amadas por grandes homes (1993), Soñando con Ourense (1995), Oración xunto ó camiño (1996), Contos para nenos e nenas (1996), Irmá (1996), A malcopadiña (1996), Quero contarlle ós nenos, Amor y paz, María ou a vida pobre, Madeixas debandando (1997), Galicia, cousas e xentes (1997), Noelia (2201), Protagonistas de toda clase, O troleiro e outros contos, Pasatempo ferido de versos (1999), Regos de vida e longura (2000), Galicia merece a pena (2000), O pai de nós (2000) e O agro, un mundo aberto (2001).

 Outros datos de interese

Figura en Quién es Quién en las Letras Españolas 1969 a 1979, no Diccionario Biográfico Español Contemporáneo (1970), na segunda edición de The World Who of Women, Cambridge, Inglaterra 1974-1975, en Who's Who in the World, edicións 78-79-80-81, Chicago, Illinois, na Enciclopedia Gallega (1984), en Mulleres destacadas de Galicia, "Alvarellos", Lugo, 1993, en Literatura Galega da Muller, Carmen Blanco, Xerais, 1991, en Literatura Galega de Anxo Tarrío Valera, Xerais, 1994, no terceiro tomo de Poetisas españolas, Antología General, Torremozas, Madrid, 1998 e no Boletín Gallego de Literatura, Universidade de Santiago de Compostela, 1999.