José Antonio Díaz Escolante


Pseudónimo:Escolante
Categoría: Profesor, escritor e investigador
Data de Nacemento: 14 de novembro de 1960
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

É mestre especialista en Lingua Galega (Lugo, 1980); mestre especialista en Educación Musical (Santiago, 1991); diplomado en Educación Infantil (Lugo, 1996); diplomado no corpo de mestres de EXB (Matemáticas e Ciencias da Natureza) (Lugo, 1980); licenciado en Psicopedagoxía (Univ. de Vigo, 1998) e doutor en Psicopedagoxía (Universidade de Santiago de Compostela, 2000).

 Obras realizadas

Entre as súas publicacións máis destacadas están: A linguaxe do cómic; Xogando coa música 1; Cinta Audio: Xogando coa Música 1; Xogando coa música 2; Cinta Audio: Xogando coa Música 2; Caderno do alumno: Xogando coa Música 3 anos; Caderno do alumno: Xogando coa Música 4 anos; Caderno do alumno: Xogando coa Música 5 anos; Instrumentos Musicais, Incidencias dalgúns "elementos" plásticos na literatura infantil. Lingua, Literatura e Arte e Algunhas causas que impiden o desenvolvemento da innovación educativa na universidade. Realizou a 1ª exposición colectiva da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses.

 Outros datos de interese

Foi coordinador e comunicante nun gran número de cursos de formación do profesorado. Realizou varios proxectos de investigación e innovación educativa, proxectos de investigación plástica subvencionados pola Consellería de Cultura. Foi membro fundador, secretario e posteriormente presidente da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses. Realizou varias exposicións de pintura, tanto individuais como colectivas. Foi membro do xurado en varios certames e bienais de artes plásticas.