César Cambeiro


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 4 de xaneiro de 1958
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Desde 1985 realizou estudos con Augusto Fernándes, Ernesto Caballero, Fabio Mangolini, Malonda, Natalia Zereva, Nikolai Karpov, Irina Ipronptovna (profesores de la Academia Rusa de Teatro e Arte de Moscú), Paco Pino e Jaime Chávarri.
 
Estudou Náutica na Coruña e ao acabar a carreira estivo navegando ata os trinta anos. Posteriormente xa se dedicou profesionalmente ao mundo da interpretación. Primeiro centrouse fundamentalmente na dobraxe e no teatro e despois foi ampliando a súa actividade tamén á televisión e ao cine.
Comezou a facer personaxes en Caldebarcos (Carnota) con teatro, dentro dunha asociación e centrando a súa actividade principalmente no tempo do Entroido. Pasou polo mundo dos monicreques e compaxinou todo iso co seu traballo de mariño mercante. Cando tivo que decidir quedou en terra cunha excedencia laboral, ata hoxe.

 Obras realizadas

TEATRO   
-2009: Dirixe a lectura dramatizada na SGAE de “A chuvia que cae todos os días” de Roberto Salgueiro.
-2008: “A boa persoa de Sezuán”, de Bertold Brecht. Director: Nuno Cardoso (CDG) e "Náufragos” (La petite hutte) de Andre Roussin (Teatro Galileo).
-2006: Harpagón en “O Avarento” de Molière (Teatro Galileo).
-2005: Rodrigo en “García” de Cándido Pazó (Teatro de Adro) e Francisco I, Rei en “O divertimento do Rei” de Victor Hugo (Teatro Galileo).
-2004: Florindo en “Servidor de dous amos” de Carlo Goldoni (Teatro Galileo).
-2003: “Daquel Abrente: Laudamuco. Señor de Ningures” de Roberto Vidal Bolaño e “O Velorio” de Francisco Taxes. Chorona (Centro Dramático Galego).
-2001: “Rosalía” (R. Otero Pedrayo / Roberto Vidal Bolaño) CDG e Grain en “A cacatúa verde” de Arthur Schnitzler (CDG).
-2000: Gulliver en “Gulliver” de Jonathan Swift (Os Quinquilláns) e Don Ramón en “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao (CDG).
-1999: Estragón en “Esperando a Godot” de Samuel Beckett (Teatro Galileo) e “Medianoite” de Roberto Blanco Torres (Teatro Galileo).
-1997: Merluza en “Flores de Papel” de Egon Wolf (Traslús Teatro).
-1996: “A Noite das Tríbades” de Per Olov Enquist (Teatro do Atlántico). Foi nominado como mellor actor secundario aos premios María Casares polo seu papel na obra.
-1995: Luis Mejía en “Don Juan Tenorio” de J. Zorrilla (A. Teatral Coruñesa) e Theudia en “El Puñal del Godo” de J. Zorrilla (A. Teatral Coruñesa).
-1994: Lomov en “Petición de Man” de Antón Chejov (Teatro de Adro).
Socio fundador da compañía Teatro de Adro.
-1990: Fundou con Luisa Aguado o grupo BIRIMBAU e montaron a obra “O cabaleiro inexistente”, en teatro de sombras, inspirada na obra de Italo Calvino do mesmo nome.
-1989: Fundou en Caldebarcos (Carnota) o grupo de monicreques e teatro infantil Petónda Fox e montaron as obras: “O tesouro da Raíña Lupa”, espectáculo de monicreques do que é autor, director e intérprete, “Pallasín e Pallasete”, espectáculo infantil do que tamén é autor, director e intérprete.
-De 1977 a 2000 organizou e interpretou un espectáculo de rúa anual en Caldebarcos (Carnota) e bisbarra, dentro da Asociación Cultural Pedras Mariñas.
-1976: ‘Unha vez foi o trebón’ de Manuel María. Universidade Laboral da Coruña.
 
CINE
-2009: “Instalación” (corto dirixido por José Díaz).
-2007: “La noche que dejó de llover” (Alfonso Zarauza).
-2006: “El menor de los males” (Antonio Hernández), “Siete mesas” (Gracia Querejeta) e “Adeus Edrada” (corto de Rubén Riós).
-2005: “De Bares” (Mario Iglesias).
-2004: “Heroína” (Gerardo Herrero) e “A última man” (EIS Vigo) (corto).
-2003: “Mar Adentro” (Alejandro Amenábar) e “Silectio” (Toti) (corto).
-2001: “Los lunes al sol” (Fernando León), “Ilegal” (Ignacio Vilar) e “Xinetes na tormenta” (corto de Ricardo Llovo).
 
TELEVISIÓN
-2009: “Matalobos”, Serie da TVG, dirixida por Toño López e Jorge Saavedra.
-2008: “O club da calceta” (TV movie) de Antón Dobao e “O show dos Tonechos”, TVG, no personaxe do Marqués.
-2007: “Valderrei”, serie para TVG, con papel principal fixo.
-2006: “O Bosque de levas” (TV movie) de Antón Dobao.
-2005: “Música secreta” (TV movie) de Joan Mallarach, “La Atlántida” (TV movie) de Belén Macías, “Pataghorobí” (TV movie) de Ricardo Llovo e “El Comisario” (cap: 123).
-2002: “Policías”.
-2001: “Periodistas”, “Terra de Miranda” (con papel principal fixo), “Rías Baixas”, “Pequeno Hotel” (papel principal fixo) e “Galicia Exprés”.
-2000: “Un Mundo de Historias” (con papel principal fixo) e “Mareas Vivas”.
-1999, 2000, 2003: “Luar”, “Televisión Total” e “Supermartes”.
-1998: “Pratos Combinados”.

 Outros datos de interese

Ten coñecementos básicos de esgrima e aikido.