Cursa primeiro bacharelato en Vigo e despois licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación en Santiago de Compostela. Xa vinculado profesionalmente o mundo do viño, fai varios masters en viticultura, enoloxía, cata...
Iniciada a súa andaina profesional, retorna o seu lugar de orixe e forma parte destacada na creación e desenvolvemento da empresa familiar ADEGAS MOURE S.A., que hoxe dirixe e xestiona xunto co seu cuñado Xosé Manuel Moure Vázquez.
É un dos iniciadores da creación e posta en marcha da Denominación de Orixe “Ribeira Sacra” formando parte do seu consello regulador deica hoxe que é vicepresidente. Tamén participa activamente na creación do texido asociativo do mundo vitivinícola da comarca a través da “Asociación de Adegueiros da R.S.,” e da “Asociación de viticultores do Saviñao”.
Tamén é un dos iniciadores na creación dunha denominación para a augardente galega primeiro e para os licores tradicionais despois, hoxe é o presidente do Consello Regulador das indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais de Galicia.