Ana Mª González Mallo


Pseudónimo: Maruja Mallo
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 1909
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

Sendo aínda moi nova trasládase a Madrid coa súa familia onde estudia Pintura na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, rematando a súa carreira en 1926. En 1935 concorre á Exposición de Arte Español Contemporáneo no Museo del Jeu de Paume de París e ó ano seguinte dedícase a segunda das súas mostras a Maruja Mallo. Ó comezo da guerra civil instálase en Portugal, desde onde se traslada a América. En 1965 volve definitivamente a España fixando a súa residencia en Madrid.

 Obras realizadas

Foi ilustradora da Revista de Occidente e colaborou nas tertulias literarias e artísticas máis importantes de Madrid, relacionándose con xente como Neruda, Rafael Alberti, Dalí, Buñuel...

En 1932 celebrou en Francia na Galería Pierre Loelo a súa segunda exposición individual, dedicada a Cloacas y campanarios comprándolle André Breton, fundador do surrealismo, o seu cadro Espantapájaros.

No exilio viviu en numerosas cidades durante máis ou menos tempo, aínda que a súa residencia habitual foi en Buenos Aires. Alí realizou os decorados e figuríns para o poema escénico de Alfonso Reyes Cantata de Federico García Lorca e en 1945 pintou dous grandes paneis para o cine Los Ángeles.