Joaquín Varela de Limia Cominges


Categoría: Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
Data de Nacemento: En 1969
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, diplomado en Dirección e Administración de Empresas (DBA) pola Escola de Negocios Caixanova e pola Universidade de Gales, e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA), especialidade en control de xestión, pola Escola de Negocios Caixanova.

Joaquín Varela, tamén especialista en auditoría –é membro do ROAC-, desenvolveu a súa actividade profesional, desde 1994, en Pricewaterhouse Coopers, onde ata maio de 2009 ocupaba o cargo de Senior Manager de Auditoría. Como consecuencia da súa experiencia como auditor, dispón dun amplo e profundo coñecemento do tecido empresarial de Galicia, tanto do sector público como do privado. Foi Director xeral do Igape.

 Obras realizadas

Durante os últimos cinco anos (2004-2008), Joaquín Varela de Limia participou como docente no Máster de Auditoria organizado pola Universidade de Vigo. Do mesmo xeito, entre 2006 e 2008 foi docente do Curso de Postgrado en Auditoría de Contas organizado polo Colexio de Economistas da Coruña. Tamén participou como experto en encontros e cursos  de presentación do novo Plan Xeral de Contabilidade de España. 
A proposta do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o día 15 de maio de 2009 o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acordou nomear a Joaquín Varela de Limia Cominges director xeral deste organismo.