Manuel Anxo Cendán Dopico


Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web de Manuel Cendán
 Currículum

Nas mobilizacións estudantís de finais dos oitenta ocupou postos de responsabilidade tanto na Coordinadora de Estudantes de Ferrol, como máis tarde na Comisión Negociadora do Sindicato de Estudantes de Galicia.

A data oficial da súa afiliación ao PSdeG-PSOE -na Agrupación Local de Ferrol- é o 8 de febreiro de 1987. Participou no seu Comité de Campaña Comarcal para as eleccións municipais de maio de1991, na área de organización con Carmelo Teixeiro.

Foi vogal da executiva galega das Xuventudes Socialistas (XSG), sendo reelixido no congreso galego de 1992, como secretario de dinamización. Así mesmo, foi secretario executivo na área de organización da Agrupación Comarcal do PSdeG – PSOE de Ferrolterra entre 1991 até 1993. Participou nos Comités de Apoio a Josep Borrell nas primarias socialistas de 1998.

Dende o 4 de marzo de 2006 até o 27 de xullo de 2008, foi membro do Comité Comarcal do PSOE de Ferrolterra. Elixido membro do Comité Provincial Coruñés do PSdeG – PSOE o 4 de marzo de 2010 ata o 6 de xullo de 2012. Sendo elixido este mesmo día secretario de política municipal da Executival Local de Ferrol e membro do Comité Nacional de Galicia do Partido Socialista, dentro do proxecto colectivo de Traza Vermella. Dimitido como secretario de política municipal o 31 de Maio do 2015.

Formou parte do Consello de Redacción da revista “Razón Socialista” dende a súa fundación en 1995, cuxo primeiro número saíu á rúa aquel 1º de Maio, ata o seu derradeiro número, saído en nadal de 2015. En 1999, participou na fundación da Asociación Cultural Fuco Buxán, da que foi o seu secretario até marzo de 2006, e dende aquela foi o seu coordinador de movementos sociais ata que cesou como membro da directiva, en abril de 2012. Volvendo á directiva no periodo de abril a decembro de 2015.

No 2008 participou no Foro Social Galego. Foi un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Colabora con artigos periódicos no Diario de Ferrol, dende a súa fundación, tamén en 1999. Publicou o seu primeiro artigo en Vieiros o 25 de xullo de 2007, en Galicia Hoxe foi publicado o 17 de setembro de 2010, e no Praza Pública o 4 de febreiro de 2012. O seu primeiro artigo publicado no xornal “El Correo Gallego” data o 11 de decembro de 2012.

Ex Secretario de Organización de MCA-UGT Megasa (desde o 27 de setembro de 2007, re-elixido o 9 de decembro de 2009 ata o 27 de agosto de 2014). Ex secretario comarcal de MCA Ferrol (2010-2011). Elixido Secretario de Acción Sindical de MCA Megasa o 8 de xuño de 2015.

Elixido o 12 de abril de 2011 membro do Comité de Empresa de Megasa Siderúrxica S.L. Reelixido o 19 de xuño de 2015.

É un dos promotores do Foro Ferrol Vivo, nacido en novembro de 2017.

Participou na co-realización da curtametraxe “Ferrol, polo mar e a vida”, traballo conxunto entre Fuco Buxán e Acsur – Las Segovias.